11/11/2008
Participará o secretario xeral da CIG, Suso Seixo
O luns 10 de novembro tivo lugar a rolda de prensa de presentación da mobilización convocada pola CIG para o próximo 13 de novembro "Por un novo modelo económico e social" e para que "A crise a pague o capital", na comarca de Vigo. Asi, informouse de que esta será a manifestación central da organización sindical nacionalista, que contará coa presenza do secretario xeral da CIG, Suso Seixo. Esta marcha sairá ás oito da tarde de Vía Norte e rematará o seu percorrido na Porta do Sol.
11/11/2008
13 de novembro: xornada nacional contra a crise
A manifestación da CIG da Coruña do 13 de novembro partirá ás 20:00 horas desde a Praza da Palloza. A cita foi presentada ante os medios de comunicación locais por Paulo Carril, secretario comarcal da central nacionalista, que os informou das consecuencias da crise no emprego da bisbarra.
4/11/2008
Contra a crise no sector
Pasadas as oito e media da tarde comezaba a marcha en defensa do emprego na automoción, convocada pola CIG. Traballadores e traballadoras de empresas do téxtil, do transporte, do metal e de químicas afectados pola crise no sector da automoción estiveron presentes nesta mobilización, para demandar medidas globais para facer fronte ao actual contexto de crise no automóbil, e non actuacións individuais e negativas para a clase traballadora como os expedientes de regulación de emprego.
29/10/2008
Convocada pola CIG, mobilización de denuncia
Acompañados de perto de cincuenta delegados, delegadas, presidentes e secretarios dos Comités de Empresa das Federacións do Metal, Químicas e do Téxtil e Transporte, tivo lugar o mércores 29 de outubro a rolda de prensa de presentación da manifestación que a CIG convocou para o próximo 3 de novembro na cidade de Vigo, e que sairá ás oito da tarde de Vía Norte. Baixo o lema “En defensa do emprego na automoción”, a CIG pretende denunciar a situación que está a vivir o sector, así como chamar á atención das Administracións neste contexto, porque “non poden pagar de novo os traballadores e traballadoras esta crise”.
30/9/2008
Manifestación o 19 de outubro ás 12:00 h en Vigo
Do 14 ao 21 de outubro, a cidade de Vigo acollerá o
VII Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres, que xirará en torno á
Soberanía Alimentaria e no que participarán delegados e delegadas procedentes
dos cinco continentes. A CIG, a través da Secretaría da Muller, vén de
manifestar o seu apoio e colaboración con este evento e fai un chamamento a
participar na manifestación que terá lugar o 19 de outubro ás 12:00 hora en
Vigo baixo o lema “Cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo, cambiar o
mundo para cambiar a vida das mulleres”
16/9/2008
Paralizouse un forno e prodúcese moito menos
O venres 12 de setembro os traballadores e traballadoras de Cedonosa de Catoira volvían saír as rúas para berrar contra os despedimentos e coa situación que veñen arrastrando desde abril, mes desde o que o persoal se reduciu un 32%. Desde este momento paralizouse un forno e Cedonosa deixou de producir 150.000 metros cuadrados de gres entre as factorías de Teruel e Catoira.