19/11/2008
CIG-Construción felicítase por esta vitoria sindical
Ingemarga readmitiu os 30 obreiros que despedira en febreiro na súa factoría de Guitiriz. A CIG-Construción de Lugo entende que se trata dunha vitoria sindical que demostra que, desde a razón e a constancia, a loita decidida dos traballadores contra os abusos patronais acaba dando os seus froitos.
7/11/2008
Esta empresa da pedra botara 30 operarios na súa planta de Guitiriz
O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) declarou improcedentes os 30 despedimentos de operarios da planta de Ingemarga en Guitiriz que foran botados pola empresa por negárense a traballar as fins de semana. O fallo xudicial ordena Ingemarga a readmitilos nos seus postos co conseguinte abono dos salarios de tramitación. De non aceptar esta opción, a empresa tería que indemnizalos e desembolsar preto dun millón de euros.
6/3/2008
Ao concluír a camiñada entrevistáronse co delegado provincial de Traballo
Medio centenar de traballadores percorreu a pé os 40 quilómetros que separan Guitiriz de Lugo para esixir a readmisión dos 30 despedidos da empresa Ingemarga. A camiñada solidaria arrincou ás 7:00 do 5 de marzo e concluíu seis horas máis tarde diante do Edificio Administrativo da Xunta da capital luguesa.
4/3/2008
O cadro de persoal parará todos os mércores en sinal de protesta
Por volta de 300 persoas saíron ás rúas de Guitiriz o pasado 1 de marzo para expresar o seu apoio e esixir a readmisión dos 30 despedidos da empresa Ingemarga. Ao mesmo tempo que se desenvolvía a marcha, os comercios da vila pecharon en solidariedade cos empregados represaliados
29/2/2008
O sábado 1 de marzo hai convocada unha manifestación na vila chairega
Ingemarga, empresa dedicada ao corte e serrado de pedra e mármore na localidade chairega de Parga (Guitiriz), despediu nos días pasados 30 dos seus traballadores, dous deles membros do Comité de Empresa, ao negárense a traballar na sección de serra durante as fins de semana.