marco
Artigos de opinión
Esquerdas nacionalistas?
Santiago Alba Rico
O recoñecemento de que a lóxica das clases e a lóxica dos territorios se cruzan no marco da globalización capitalista debe levar a un exercici...
A luta pela redução da jornada de trabalho
Ricardo Antunes
A luta atual pela redução da jornada de trabalho e a luta pelo direito ao trabalho, ao invés de serem excludentes, tornam-se necessariamente co...
O que nos levou à crise e como sair dela
Sam Webb
A turbulência nos mercados financeiros e o socorro no montante de US$ 700 bilhões, fez a opinião pública olhar com ira para Wall Street e Wash...
Os antecedentes da tormenta
Luiz Gonzaga Belluzzo
Ensino Ensino
3/10/2008 Este ano celébrase baixo o lema “O Profesorado conta”
Neste ano 2008, a Internacional da Educación, organización sindical internacional, que agrupa a sindicatos de docentes de todo o mundo e da que a CIG-ENSINO é fundadora, celebra baixo o lema “O Profesorado conta” o Día Mundial do Profesorado. Unha conmemoración que foi instituída pola UNESCO no 1993 como mostra de recoñecemento á contribución vital do profesorado á educación e ao desenvolvemento das sociedades dos distintos países.
29/9/2008 Las Acacias, Montecastelo, Aloya, Montespiño ou Peñaronda son algúns deles
CIG-Ensino. Concentración lúdico-reivindicativa 19
A CIG-Ensino vén de presentar contencioso administrativo en contra da Orde, publicada no DOG o 27 de agosto de 2008, pola Consellaría de Educación, pola que se subscriben e se modifican os concertos educativos cos centros docentes privados, limitando este contencioso a centros que segregan o alumnado, impedindo a escolarización mixta (Las Acacias, Montecastelo e Aloya en Vigo; Montespiño e Peñarredonda na Coruña, etc).
25/9/2008 CIG-Ensino promove escritos en demanda do persoal necesario
ensino estabilidade concentración 2
A CIG-Ensino está promovendo escritos dos centros educativos dirixidos á Consellaría esixindo que se dote aos centros do profesorado necesario e continúa a denunciar que, neste comezo de curso, se aprecia un importante recorte de profesorado e unha deficiente resposta á reclamación dos centros, prexudicando de xeito grave a calidade do ensino. Neste intre son máis de 300 centros os que non ven cubertas as súas necesidades.
23/9/2008 Demanda un especialista de Francés e outro de Ciencias Naturais
ensino estabilidade concentración 2
A CIG-Ensino vén denunciando que neste comezo de curso se aprecia un importante recorte de profesorado e unha deficiente resposta á reclamación dos centros, prexudicando de xeito grave a calidade do ensino. Neste contexto, a CIG-Ensino quere denunciar un exemplo sintomático disto, como é o do IES de Arzúa.
22/9/2008 Máis de 150 profesores/as participan nesta edición
Pazo da Cultura de Pontevedra
O luns 22 de setembro de 2008 comeza a vixésima edición da Semana de Educación, que se alongará até o 26 de setembro. As conferencias terán lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra e cun horario de cinco da tarde a nove da noite.
18/9/2008 CIG-Ensino exixe a súa recolocación e que se dea solución aos problemas existentes
ensino estabilidade concentración
Máis de 300 profesores e profesoras, convocados pola CIG-Ensino, concentráronse este mércores 17 de setembro, fronte á Consellaría de Educación en contra dos despedimentos dos interinos e interinas e do recorte de prazas nos centros. Para a CIG-Ensino “ é inadmisíbel que esteamos asistindo a un inicio de curso no que a Consellaría de Educación está reducindo os cadros de persoal dos centros de ensino e condenando ao paro a máis de 135 interinos/as que traballaron durante todo o curso pasado”.