6/12/2008
A secretaria de CIG-Muller participa nun debate sobre o modelo neoliberal no marco do Foro Social Galego
“O neoliberalismo en crise: cara onde vai o sistema”, foi o epígrafe baixo o que Maricarme López Santamariña, Xabier Macías, Xavier Vence e Antonio Domenech puxeron sobre as mesas de debate do FSGal a actual situación económica que se vive a nível internacional e cales poden ser os camiños que tome o sistema en función dos axentes que teñan capacidade para impulsar modelos alternativos. Neste marco, a Secretaría de Muller da CIG introduciu no debate a perspectiva de xénero, posto que "a crise prexudica por partida dobre ás mulleres".
25/11/2008
25 de novembro: Día Internacional contra a violencia de xénero
Na súa xuntanza de 24 de novembro de 2008,
o Consello Confederal da CIG aprobou unha resolución, con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, na que se asume, íntegro, o manifesto elaborado pola Secretaría da Muller para a campaña que se está a desenvolver arredor desta data. Unha campaña coa que se quere amosar o
compromiso da central na erradicación desta lacra social e que este ano se conmemora baixo o lema "Loitando polo respecto entre homes e mulleres".
21/11/2008
“Loitando polo respecto entre homes e mulleres”
A Secretaría Comarcal da Muller da CIG da Mariña presentou publicamente na bisbarra a campaña do sindicato con motivo do 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Este ano o lema elixido é “Loitando polo respecto entre homes e mulleres”.
19/11/2008
A iniciativa conmemora o Día Internacional contra a Violencia de Xénero
A secretaria de Muller da CIG, María Carme López
Santamariña, presentou a campaña “Loitando polo respecto entre homes e
mulleres”, que a central esta levando
a cabo con motivo da celebración do vindeiro
25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. A través desta
iniciativa quérese amosar o compromiso da central na erradicación desta lacra
social.
10/10/2008
Ambiente positivo e boa participación
Na residencia de tempo libre de Panxón desenvolveuse a xornada "Sindicalizar desde a diversidade", na que participaron delegadas e delegados sindicais, nun encontro que tiña como obxectivos ser un espazo de convivencia onde potenciar actitudes de encontro,
diálogo, coñecementos, e que aporte ferramentas práticas que logo se
podan utilizar no traballo tanto sindical como na vida persoal das e
dos asistentes.
6/10/2008
Terá lugar este mércores 8 de outubro en Panxón
Placer Vila, secretaria de organización da comarca da CIG de Vigo e secretaria comarcal da Muller, e Ester Mariño, técnica de Igualdade da CIG de Vigo presentaron en rolda de prensa este luns 6 de outubro a xornada “Sindicalizar desde a diversidade”, que terá lugar este mércores 8 de outubro na residencia de tempo libre de Panxón. Esta xornada pretende “ser un espazo de convivencia onde potenciar actitudes de encontro, diálogo, coñecementos e que aporte ferramentas práticas que logo se podan utilizar no traballo tanto sindical como na vida persoal das e dos asistentes”.