marco
Artigos de opinión
Esquerdas nacionalistas?
Santiago Alba Rico
O recoñecemento de que a lóxica das clases e a lóxica dos territorios se cruzan no marco da globalización capitalista debe levar a un exercici...
A luta pela redução da jornada de trabalho
Ricardo Antunes
A luta atual pela redução da jornada de trabalho e a luta pelo direito ao trabalho, ao invés de serem excludentes, tornam-se necessariamente co...
O que nos levou à crise e como sair dela
Sam Webb
A turbulência nos mercados financeiros e o socorro no montante de US$ 700 bilhões, fez a opinião pública olhar com ira para Wall Street e Wash...
Os antecedentes da tormenta
Luiz Gonzaga Belluzzo
FGAMT FGAMT
9/10/2008 “Industrias Orde S.A.” asegúralles que “non hai garantías” de que vaian percibir o salario de outubro
“Industrias Orde S.A.”, empresa téxtil radicada en Ordes que realiza encomendas para “Caramelo”, mantén sen carga efectiva de traballo as súas empregadas desde comezos deste mes. A firma, dedicada á confección, xa se acolleu, no último ano e medio, a tres Expedientes de Regulación de Emprego temporal.
27/8/2008 A Consellaría de Sanidade mantén na indefensión os choferes deste servizo de urxencias
Ambulancias protesta
Os axentes da Garda Civil de Tráfico poderán seguir multando os condutores das ambulancias do 061. A Consellaría de Sanidade, organismo do que depende o servizo “Urxencias Sanitarias de Galicia-061”, permanece indiferente e non realiza as xestións oportunas perante a “Dirección General de Tráfico” para evitar que estes traballadores sexan sancionados no desempeño diario da súa profesión.
21/8/2008 As indemnizacións ascenden a 50.000 euros
Ullacargo non paga indemnizacións
Sete traballadores despedidos da empresa de transportes “Ullacargo” aínda non cobraron as indemnizacións, que ascenden a un total de 50.000 euros, pese a que perderon o seu posto hai xa máis de dous meses. De non haber unha resposta inmediata as súas demandas, os operarios protestarán diariamente, en Bens (A Coruña), fronte ás instalacións de “CLH”, empresa de almacenamento de hidrocarburos que é un dos principais provedores de “Ullacargo”.
7/8/2008 Por volta de 2.500 operarios traballan nesta actividade na Galiza
Ría de Ferrol
Os traballadores/as do sector de produtos elaborados do mar, que en Galiza emprega aproximadamente 2.500 persoas, perciben 700 euros netos ao mes polo desempeño dunha actividade dura que require de grande esforzo físico. A CIG sopesa convocar unha folga no sector de non mellorar as condicións retributivas e laborais na negociación do convenio.
17/7/2008 A “Estación de Servicio Bens S.L.” terá que o readmitir
O Xulgado do Social número 3 de A Coruña ditou unha sentenza que declara a nulidade do despedimento dun traballador da “Estación de Servicio Bens S.L.”, que a empresa botou despois de se acoller a un permiso por paternidade. O fallo obriga a gasolineira a readmitilo e a pagarlle os salarios de tramitación.
3/7/2008 Tamén están imputados os responsábeis das empresas HELICSA e REMASA
Querela Cordero 2
O Xulgado de Instrución número 2 de Ferrol vén de admitir a trámite a querela criminal presentada pola CIG contra sete altos cargos do Ministerio de Fomento e contra os máximos responsábeis das empresas HELICSA e REMASA pola súa actuación no naufraxio do “Cordero”. A central entende que todos eles cometeron delitos de “homicidio imprudente por omisión” e “contra os dereitos dos traballadores”.