marco
Artigos de opinión
Recessão nos EUA já vem do ano passado
Umberto Martins
Os Estados Unidos estão em recessão desde dezembro de 2007, segundo um estudo divulgado pelo NBER (Natioanl Bureau of Economic Research) nesta s...
A resaca do festín financeiro
Albert Recio Andreu
Os dous últimos meses foron intensos en medidas de gran goberno. En intervención pública discrecional. Aquel tipo de intervención que os monet...
Euskal Herria: Congreso da central sindical ELA (Non hai outro camiño que o enfrontamento)
Manuel Mera
Durante os días 26 e 27 de novembro realizouse o 12º Congreso de ELA, baixo o lema Langile-Ekin, ao que acudiron 736 congresistas (700 escollido...
Tamén Grenlandia
Martin Garitano
secretaría da muller
27/11/2008 No seo do I Congreso Internacional, PRL e Responsabilidade Social Empresarial nas PEME
08-11-27 guia muller
A secretaría da Muller da CIG vén de presentar a “Guía para a Prevención de Riscos Laborais no embarazo e a lactación” no seo do I Congreso Internacional de Responsabilidade Social e Empresarial nas PEME, que se celebra no Palacio de Congresos de Compostela desde o mércores 26 de novembro até o venres día 28.
26/11/2008 No marco do I Congreso Internacional de prevención nas Pemes que se celebra en Compostela do 26 ao 28 de novembro
08-11-26 caratula guias prevencion
A CIG vai ter unha participación activa no I Congreso Internacional sobre prevención e responsabilidade na Peme que se celebra en Compostela do 26 ao 28 de novembro a través do Gabinete Técnico de Saúde Laboral, que ten organizada a presenza institucional da central coa inscrición de delegados e delegadas. Así mesmo, presentaranse as tres novas guías en prevención de riscos que a CIG vén de elaborar.
25/11/2008 25 de novembro: Día Internacional contra a violencia de xénero
campaña muller violencia xenero 2
Na súa xuntanza de 24 de novembro de 2008, o Consello Confederal da CIG aprobou unha resolución, con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, na que se asume, íntegro, o manifesto elaborado pola Secretaría da Muller para a campaña que se está a desenvolver arredor desta data. Unha campaña coa que se quere amosar o compromiso da central na erradicación desta lacra social e que este ano se conmemora baixo o lema "Loitando polo respecto entre homes e mulleres".
21/11/2008 “Loitando polo respecto entre homes e mulleres”
Secretaría da Muller da Mariña
A Secretaría Comarcal da Muller da CIG da Mariña presentou publicamente na bisbarra a campaña do sindicato con motivo do 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Este ano o lema elixido é “Loitando polo respecto entre homes e mulleres”.
19/11/2008 A iniciativa conmemora o Día Internacional contra a Violencia de Xénero
campaña muller violencia xenero 1
A secretaria de Muller da CIG, María Carme López Santamariña, presentou a campaña “Loitando polo respecto entre homes e mulleres”, que a central esta levando a cabo con motivo da celebración do vindeiro 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. A través desta iniciativa quérese amosar o compromiso da central na erradicación desta lacra social.
6/10/2008 Terá lugar este mércores 8 de outubro en Panxón
Rolda de prensa sindicalizar desde a diversidade
Placer Vila, secretaria de organización da comarca da CIG de Vigo e secretaria comarcal da Muller, e Ester Mariño, técnica de Igualdade da CIG de Vigo presentaron en rolda de prensa este luns 6 de outubro a xornada “Sindicalizar desde a diversidade”, que terá lugar este mércores 8 de outubro na residencia de tempo libre de Panxón. Esta xornada pretende “ser un espazo de convivencia onde potenciar actitudes de encontro, diálogo, coñecementos e que aporte ferramentas práticas que logo se podan utilizar no traballo tanto sindical como na vida persoal das e dos asistentes”.