marco
Artigos de opinión
Recessão nos EUA já vem do ano passado
Umberto Martins
Os Estados Unidos estão em recessão desde dezembro de 2007, segundo um estudo divulgado pelo NBER (Natioanl Bureau of Economic Research) nesta s...
A resaca do festín financeiro
Albert Recio Andreu
Os dous últimos meses foron intensos en medidas de gran goberno. En intervención pública discrecional. Aquel tipo de intervención que os monet...
Euskal Herria: Congreso da central sindical ELA (Non hai outro camiño que o enfrontamento)
Manuel Mera
Durante os días 26 e 27 de novembro realizouse o 12º Congreso de ELA, baixo o lema Langile-Ekin, ao que acudiron 736 congresistas (700 escollido...
Tamén Grenlandia
Martin Garitano
convenio
28/10/2008 Ameazan nesta empresa do téxtil para a automoción de A Rúa con conxelar salarios pola "crise"
Asemblea Rieter Saifa
O comité de empresa de Rieter Saifa Noroeste SL, e os sindicatos CIG e CC.OO. acordaron o luns 27 de outubro convocar unha folga indefinida a partir do martes 4 de novembro. Este conflito laboral afecta a un total de 160 empregados e empregadas, que traballan nesta empresa téxtil do sector do automóbil de A Rúa. Esta medida de presión adoptouse en base á decisión tomada na asemblea de traballadores do sábado 25 de outubro, que decidiu chamar á folga para reclamar melloras na negociación colectiva da súa situación laboral.
10/10/2008 Os sindicatos rexistraron o anuncio na Subdelegación do Goberno español
Convocatoria folga comercio
A folga no Comercio vario da provincia da Coruña, programada para o 17 de outubro, foi convocada legalmente polos sindicatos CIG, UGT e CCOO sete días antes da data fixada coa entrega dun escrito na Subdelegación do Goberno español na cidade herculina.
9/10/2008 O 6 de novembro serán xulgados catro compañeiros
Folga naval
A CIG Metal de Vigo vén de editar e distribuir material informativo para dar a coñecer ao conxunto dos traballadores do naval de Vigo cuestións como o debate sobre o convenio colectivo que se iniciou na asemblea de delegados deste sector, ou a situación de incumprimento do convenio que se está a dar polo alto número de traballadores estranxeiros, aos que non se lles está a pagar segundo o convenio. Tamén se da a coñecer a proposta da CIG para que o 6 de novembro se realice un paro no naval, xa que ese día terá lugar o primeiro xuízo contra catro traballadores do naval, e a CIG propón ao resto de centrais sindicais realizar unha concentración diante dos Xulgados, en solidariedade con estes compañeiros porque "teñen que saber que un castigo a estes compañeiros é unha sentenza contra todo o metal, e non podemos toleralo".
30/9/2008 Celebráronse concentracións na Coruña, Compostela e Ferrol
comercio vario Compostela
Traballadoras e traballadores do sector de comercio vario da provincia da Coruña concentráronse diante das delegacións da Confederación de Empresarios da Coruña e Compostela e do centro comercial Odeón en Ferrol en demanda de que se retomen as negociacións do novo convenio colectivo. O próximo 17 de outubro o sector xa anunciou que irá á folga se a patronal continúa bloqueando o acordo.
29/5/2008 Mentres se reunía a mesa do convenio de empresa
Folga Telefónica 29 de maio 2008 II
Os traballadores de Telefónica realizarán un paro de 3,5 horas cada un dos días que estea previsto que se reúna a mesa de negociación do Convenio Colectivo de empresa, e que comezou na xornada do día 29, con paros e mobilizacións, como a concentración que tivo lugar na cidade de Vigo.
22/5/2008 Concentráronse diante do Policlínico da Rosaleda en Compostela
Sanidade Privada. Rosaleda. 1
A patronal da Sanidade Privada-Concertada séguese a negar a negociar o convenio colectivo e a mellorar as condicións laborais das traballadoras e traballadores do sector. Por iso na mañá deste xoves 22 de maio celebrouse unha nova concentración diante do Policlínico da Rosaleda, en Compostela, para denunciar a situación nas que se atopan e reclamar unha inmediata solución.