25/4/2008
PRECARIEDADE LABORAL
O comité de empresa provincial da Cruz Vermella de A Coruña iniciará unha campaña de recollida de sinaturas entre a cidadanía para apoiar as súas reivindicacións. Pola súa banda, a dirección desta ONG segue a amosar unha vontade escasa para negociar o convenio colectivo. Mentres, a precariedade salarial do cadro de persoal continua.
25/4/2008
RUPTURA DAS NEGOCIACIÓNS DO CONVENIO
A ruptura por parte da patronal das negociacións do convenio colectivo provincial da sanidade privada de A Coruña obrigou os traballadores a retomar as mobilizacións. O 24 de abril, despois de concentrárense diante do Hospital San Rafael, pecháronse por espazo dunha hora e media nas instalacións deste centro médico coruñés.
21/4/2008
EMPRESA E TRABALLADORES REUNIRÁNSE O 28 DE ABRIL E O 5 E 7 DE MAIO
O comité de Albada cualifica como positiva a reunión desta mañá coa empresa, a primeira mantida entre as partes desde o 11 de abril, data na que os traballadores referendaron o acordo atinxido entre os seus representantes e a empresa acerca da negociación do convenio colectivo.