marco
Artigos de opinión
Esquerdas nacionalistas?
Santiago Alba Rico
O recoñecemento de que a lóxica das clases e a lóxica dos territorios se cruzan no marco da globalización capitalista debe levar a un exercici...
A luta pela redução da jornada de trabalho
Ricardo Antunes
A luta atual pela redução da jornada de trabalho e a luta pelo direito ao trabalho, ao invés de serem excludentes, tornam-se necessariamente co...
O que nos levou à crise e como sair dela
Sam Webb
A turbulência nos mercados financeiros e o socorro no montante de US$ 700 bilhões, fez a opinião pública olhar com ira para Wall Street e Wash...
Os antecedentes da tormenta
Luiz Gonzaga Belluzzo
lingua
9/10/2008 Preto de 200 casos de vulneración dos dereitos lingüísticos na cidade da Coruña
Mesa pola Normalización Lingüística. Rolda de prensa
A Mesa pola Normalización Lingüística e a Concellaría de Normalización Lingüística do Concello da Coruña veñen de facer balance dos primeiros dez meses de funcionamento no ámbito municipal da Liña do Galego. Un servizo coordinado pola Mesa que ten como obxectivo velar polos dereitos lingüísicos da cidadanía, que se pode dirixir á asociación para lle facer chegar consultas sobre cales son estes dereitos, queixas no caso de que sexan vulnerados e mesmo enviar parabéns a aquelas empresas que deron pasos na inclusión do galego.
24/9/2008 Demanda que se fagan públicos os datos oficiais sobre o incumprimento e que se adopten medidas
Queremos medrar en galego
A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia que o comezo do novo curso escolar, o segundo desde a entrada en vigor do decreto de galeguización do ensino, non está a supor ningún avance no cumprimento desta norma, debido á “irresponsabilidade, inoperancia e falta de interese” da Consellaría de Educación.
18/9/2008 O galego na docencia “non está ao nivel do comprometido ao ratificar estes tratados internacionais”
Carlos Callón
“Queremos que o pobo galego saiba que aquí se están a vulnerar tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos”. Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e recentemente nomeado en Gdansk (Polonia) presidente do Comité do Estado español da Axencia Europea para as Linguas Minorizadas (EBLUL), vén de explicar cales van ser as liñas de traballo da organización dentro desta axencia europea: non só manter un labor de interlocución máis intenso con diferentes organismos internacionais sobre as vulneracións de dereitos lingüísticos que se cometen en Galiza, senón tamén informar aos propios cidadáns de cales son estes dereitos.
16/9/2008 En resposta á campaña existente en contra dos usos sociais do noso idioma
manifestoconvivencialinguistica
A Confederación Intersindical Galega, a través da súa Executiva Confederal, acaba de amosar o seu apoio ao “Manifesto a prol da convivencia lingüística e da igualdade de dereitos para o galego”, texto promovido por un numeroso grupo de persoas procedentes dos máis diversos ámbitos da sociedade do noso país e que tamén está a ser apoiado por diversas entidades e organizacións, como a Mesa pola Normalización Lingüística.
11/9/2008 Carlos Callón, presidente do Comité do Estado español desta entidade
Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística
O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, participa en Gdansk (Polonia) no Consello Xeral da Axencia Europea para as Linguas Minorizadas (EBLUL), no cal se porán en común experiencias de diferentes entidades que traballan en varios puntos do continente en defensa das linguas que están en proceso de normalización social. O representante galego, ademais, será designado formalmente como presidente do Comité desta Axencia Europea no Estado español, cun mandato que durará os próximos tres anos.
4/8/2008 A asociación convida á clientela galega a que “repense” a súa vinculación coa entidade
Logo Mesa pola Normalización Lingüística
Nunha resposta á Mesa pola Normalización Lingüística, a entidade financeira a distancia ING Direct sinala que non vai utilizar o galego mentres a lexislación lingüística de Galiza non o determine taxativamente.