20/11/2008
Acentúase a deslocalización
Representantes da CIG e da súa sección sindical en Atento mantiveron unha xuntanza en Compostela coa directora xeral de Relacións Laborais da Xunta, Pilar Cancela, o 20 de novembro. A central nacionalista pediulle á Consellaría de Traballo que utilice os mecanismos necesarios para instar Atento a que paralice a nova vaga de despedimentos na Coruña.
19/11/2008
A empresa mantén a súa intención de botar 105 empregados en decembro
O cadro de persoal de Atento prosegue co seu calendario de protestas para rexeitar de forma tallante os 27 traslados de compañeiros ao centro de traballo que esta empresa do Telemárketing ten en León. A filial de Telefónica mantén a súa intención de despedir en decembro 105 empregados coruñeses pertencentes ao servizo do “11822”.
5/11/2008
Os empregados saen á rúa para expresar a súa protesta
Representantes de Atento comunicáronlles a 29 traballadores da sede coruñesa que, no prazo dun mes, terán que se trasladar a León. A decisión da empresa xa está a ser contestada na rúa coas primeiras mobilizacións. A CIG entende que se trata de despedimentos encubertos.
22/10/2008
Falta de austeridade en tempos de crise
A Dirección de Caixa Galicia subiuse unilateralmente os salarios un 69% nos últimos tres anos, sen que a Consellería de Economía levara adiante ningún tipo de actuación nin medida correctora. Esta suba salarial coincidiu co cambio de modelo organizativo e de xestión posto en marcha nesta Caixa de aforros.
2/10/2008
Sector de Telemárketing
O 30 de setembro celebráronse as eleccións sindicais na empresa Bosch de Telemárketing en Vigo; elixíanse 17 membros do Comité de Empresa e a candidatura da CIG acadou a maioría absoluta con 12, CCOO 4 e UGT 1. Nestas eleccións a CIG pasou de 7 representantes (que obtivera en dous procesos anteriores de ampliación do comité) a 12, mentres que CCOO baixou de 8 representantes a 4 e UGT de 2 a 1.
29/9/2008
Contra o control partidista das Caixas
A quebra do sistema financeiro dos EEUU e, en menor medida polo momento, do británico, así como a situación en Bélxica ou Alemaña, obrigou aos gobernos a intervir, chegando incluso á nacionalización de Entidades financeiras. Esta situación evidencia que a falta de regulación e a carencia de supervisión, son un grave perigo para as propias Entidades e para a economía en xeral.