4/8/2008
A asociación convida á clientela galega a que “repense” a súa vinculación coa entidade
Nunha resposta á
Mesa pola Normalización Lingüística, a entidade financeira a distancia ING
Direct sinala que non vai utilizar o galego mentres a lexislación lingüística
de Galiza non o determine taxativamente.
1/8/2008
A propia editorial, Salvat Bruño, confirmou a noticia ás Mocidades da Mesa
A Mocidade pola Normalización Lingüística, sección xuvenil da Mesa, vén de
confirmar con Salvat Bruño, editora responsábel da publicación das aventuras de
Astérix e Obélix para o Estado español, que os máis coñecidos guerreiros galos
de todos os tempos “voltarán ao fin a falar en galego” por volta do próximo
outono, previsibelmente entre outubro e novembro.
24/7/2008
Colectivos e cidadáns poderán sumar o seu apoio en distintas páxinas web
Unha trintena de persoas representativas de diferentes eidos da sociedade
galega presentaron este xoves, día 23 de xullo, en Compostela o “Manifesto a
prol da convivencia lingüística e da igualdade de dereitos para o galego”. Un
documento no que se subliña que “é o galego o que corre perigo como idioma e os
galego falantes os que non son debidamente respectados”.
8/7/2008
“Este caso demostra que na defensa da nosa cultura non se pode dar ningunha batalla por perdida”
A Mesa pola Normalización Lingüística vén de manifestar a súa “satisfacción”
pola decisión plenaria do Concello da Coruña, na cal se ratificou un decreto da
alcaldía asinado xa o pasado mes de marzo, polo que a institución municipal
desiste do litixio que desde 1992 vén mantendo pola súa “teimosía” de non
recoñecer nin acatar a lexislación vixente en materia lingüística e toponímica.
3/7/2008
Demanda que os cartos se invistan en introducir o galego nos ámbitos onde está excluído
A Mesa pola Normalización Lingüística reclama “a
suspensión inmediata” da nova campaña que vén de presentar a Secretaría Xeral
de Política Lingüística (SXPL) e que o diñeiro previsto para a mesma se
reinvista en introducir o galego en diferentes ámbitos nos que está excluído.
3/7/2008
O contencioso - administrativo inclúe tamén outras materias optativas no bacharelato
A CIG-Ensino vén de presentar un recurso contencioso administrativo ante o Tibunal Superior de Xustiza de Galiza en contra da Orde do 25 de xuño de 2008 (DOG do 27 de xuño) que estabelece a relación e o currículo das materias
optativas do Bacharelato.