1/8/2008
Un operario resulta ferido despois de recibir unha descarga eléctrica
Un obreiro da UTE-Langosteira resultou ferido nun accidente ocorrido nas obras do porto exterior contra as 23:00 horas do 31 de xullo. O operario, condutor de camión, caeu cara atrás tras recibir unha descarga eléctrica cando, por orde do encargado, estaba a limpar cunha mangueira o seu vehículo, que estaba situado xusto enriba dun cadro eléctrico.
31/7/2008
Ademais de IPISA adebédanse nóminas en FERLOSA, CUPIGA, PEBOSA e IPIGA
Desde a CIG de Valdeorras veñen de alertar da
intención de varias empresas do sector da lousa como IPISA, FERLOSA, CUPIGA,
PEBOSA ou IPIGA de xustificar os atrasos que se están a producir no pagamento
das nóminas ás traballadoras e traballadores alegando problemas relacionados
coa crise económica.
22/7/2008
Os traballadores reclaman o salario de xuño e a paga extra
Os traballadores e traballadoras de
Iberoitaliana de Pizarras (IPISA) irán á folga os días 29, 30 e 31 de xullo se
non se lles abona o salario do mes de xuño e máis a paga extra. Non é a
primeira vez que teñen que mobilizarse para cobrar os salarios atrasados –o ano
pasado por estas datas xa ocorrera algo semellante-, e a situación adoita empeorar
nos meses de verán.
17/7/2008
Paulo Carril, secretario comarcal da CIG na Coruña
A comezos de semana saltaba a todos os medios nacionais, estatais e mesmo internacionais a noticia de que MARTINSA-FADESA solicitaba un concurso voluntario de acredores, proceso antes coñecido como suspensión de pagamentos. Paulo Carril, secretario comarcal da CIG e asesor da central no conflito, amosa nesta entrevista o punto de vista do sindicato nacionalista a respecto desta crise, paradigma claro da economía especulativa.
14/7/2008
Continúa o proceso no concurso de acredores no Mercantil
Cedonosa atópase no concurso de acredores ordinario que se está a levar no Xulgado do Mercantil nº1 de Pontevedra. Dentro deste procedemento a empresa solicitou a extinción de 26 contratos e a conversión de 11 en fixos descontinuos. Por parte do Xulgado instouse as partes a que tal e como establece a lei concursal se iniciara o período de consultas para negociar de boa fe un acordo do ERE.
14/7/2008
A CIG anima aos traballadores do sector a denunciar esta situación
Algunhas empresas
da Pizarra de Valdeorras estanse a quedar cos 400 euros que este mes deberían
ter comezado a cobrar os traballadores e traballadoras do sector, segundo o
previsto no R.D. Lei 2/2008. Desde a CIG de Valdeorras alertan tamén que os
traballadores están a sufrir ameazas e que non denuncian por medo.