31/7/2008
A CIG víñao demandando desde hai meses e denunciando os pouco tranparentes mecanismos de contratación
O mes de xullo caracterízase polo importante
volume de contratacións no SERGAS para substituír ás traballadoras e traballadores
que marchan de vacacións. A CIG-Saúde tiña denunciado que, neste ano, esas
contratacións estaban a realizarse de forma irregular. Legalmente esas contratacións
deben realizarse seguindo unhas listaxes pero as da convocatoria celebrada en
setembro de 2007 aínda non foron publicadas. O SERGAS, na mesa sectorial
celebrada este mércores 10 de xullo, comprometeuse a facer públicas as listas
nun prazo de 10 días.
17/7/2008
O troco na denominación do centro hospitalario é un exercicio de hixiene democrática
CIG-Saúde felicita o Consello da Xunta por aprobar o cambio na denominación do “Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo”, que pasará a chamarse “Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña”. Esta medida representa un exercicio de hixiene democrática, de xustiza histórica e de desagravio ás vítimas da barbarie franquista.
5/7/2008
Pola aparición do novo hospital
As persoas integrantes da sección sindical de Povisa deron unha rolda de prensa o venres 4 de xullo no local sindical da CIG de Vigo para amosar a súa preocupación diante das informacións que están a aparecer nos medios sobre o novo hospital, xa que a estabilidade dos seus empregos está en xogo, polo que demandan abrir unha vía de diálogo con Sanidade.
23/6/2008
Proseguen as protestas da CIG - Saúde
Medio cento de técnicos superiores e de técnicos en coidados auxiliares de enfermaría do SERGAS mobilizouse o 23 de xuño no Hospital Arquitecto Marcide en demanda dunha reclasificación xusta dos seus postos. Os e as traballadoras trasladaron as súas protestas nunha marcha desde o despacho de Recursos Económicos até o de Recursos Humanos. CIG-Saúde convocou ese día concentracións simultáneas en todos os hospitais públicos do país.
4/6/2008
A CIG e os traballadores denuncian a imposición de servizos mínimos abusivos
Os traballadores e traballadoras da sanidade privada – concertada da provincia de A Coruña secundaron maioritariamente o 4 de xuño a primeira das xornadas de folga no sector. A cifra de seguimento do paro atinxiu o 85 %. Mentres, a CIG e os empregados denuncian que os servizos mínimos marcados pola Administración foron abusivos.
22/5/2008
Concentráronse diante do Policlínico da Rosaleda en Compostela
A patronal da Sanidade Privada-Concertada séguese a
negar a negociar o convenio colectivo e a mellorar as condicións laborais das
traballadoras e traballadores do sector. Por iso na mañá deste xoves 22 de maio
celebrouse unha nova concentración diante do Policlínico da Rosaleda, en
Compostela, para denunciar a situación nas que se atopan e reclamar unha
inmediata solución.