28/10/2008
Nas reformas do Banco Gallego traballan sen protección
A CIG-Ourense denunciou diante da Inspección de Traballo e da Seguridade Social que nas reformas do edificio do Banco Gallego desta cidade se están a incumprir as medidas de saúde laboral, no que ten a ver co tratamento do amianto. Etelvino Blanco, secretario comarcal da CIG de Ourense, subliña que como consecuencia do desentullo, estanse a retirar tubarias e placas de fibrocemento (con elevado contido de amianto) que son cortadas e destruídas son medida de protección algunha e depositadas nun contedor de obra que hai na vía pública
22/10/2008
A CIG denuncia as ameazas e a chantaxe do empresario
O empresario Adolfo Domínguez propuxo "a conxelación salarial para 2009" a cincocentos traballadores das súas catro plantas de Ourense. Na rolda de prensa ofrecida pola CIG o martes 21 de outubro informouse que o empresario da moda galega realizou primeiro esta proposta ao comité de empresa, no que a CIG conta coa maioría das delegadas/os, que amosou o seu “total rexeitamento”. A semana pasada, despois de chamar “ignorantes” á representación sindical, Domínguez volveu propor esta conxelación ás empregadas e empregados en asembleas, baixo a ameaza de despidos e da crise.
9/10/2008
Novos retos do sindicalismo
O venres 3 de outubro desenvolvéronse no Salón de Actos do Edificio Administrativo da Xunta de Ourense unhas xornadas de formación e debate sobre as mudanzas e novidades lexislativas en materia de seguridade social. Outros dos temas tratados foron o papel das mutuas na xestión das prestacións de enfermidade común, e o papel do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral.
30/9/2008
O venres 3 de outubro
A CIG- Ourense organiza unha xornada para representantes sindicais
sobre "Novidades lexislativas en materia de Seguridade Social". Este encontro formativo terá lugar o venres 3 de outubro no Salón de Actos do Edificio Administrativo da Xunta, Avda. Habana, 79.
24/9/2008
Resposta ao "Plan de Innovación e Transformación"
Cunha nova mobilización en Ourense, a CIG continúa a dar resposta ao “Plan de Innovación e Transformación” posto en marcha por esta Entidade. Durante a mesma fíxose un chamamento a fortalecer o sindicato fronte a crise do sistema financeiro. Case un cento de delegados e delegadas da Federación de Banca participaron nunha nova concentración contra o proceso de reconversión do BBVA, desta volta na cidade de Ourense.
24/9/2008
Pola negociación do convenio
No mes de marzo deste ano comezaba a negociación do convenio colectivo de limpeza de edificios e locais da provincia de Ourense, que afecta a máis de 2.000 traballadoras e traballadores. Despois de sete reunións, a última a principios de xuño, non se chegou a ningún acordo nin houbo avanzos significativos. Ante esta situación as traballadoras e traballadores deste sector decidiron convocar folga indefinida no sector desde o 1 de outubro.