marco
Artigos de opinión
Esquerdas nacionalistas?
Santiago Alba Rico
O recoñecemento de que a lóxica das clases e a lóxica dos territorios se cruzan no marco da globalización capitalista debe levar a un exercici...
A luta pela redução da jornada de trabalho
Ricardo Antunes
A luta atual pela redução da jornada de trabalho e a luta pelo direito ao trabalho, ao invés de serem excludentes, tornam-se necessariamente co...
O que nos levou à crise e como sair dela
Sam Webb
A turbulência nos mercados financeiros e o socorro no montante de US$ 700 bilhões, fez a opinião pública olhar com ira para Wall Street e Wash...
Os antecedentes da tormenta
Luiz Gonzaga Belluzzo
Nacional Nacional
8/10/2008 Anúncianse as mobilizacións contra a crise económica para o 13 de novembro
Mobilización Vigo 65 horas VII
Delegados e delegadas da CIG concentráronse de forma simultánea nas sete cidades galegas e na Mariña para manifestar a súa oposición ás modificacións introducidas na Directiva de Tempo de Traballo. Nas asembleas previas anunciouse tamén a posta en marcha da campaña contra a crise económica e alertouse do intento de rematar coa exclusividade dos médicos da sanidade pública pola vía de xeneralizar o complemento específico que, até o de agora, reciben aqueles que só traballan no sistema público.
6/10/2008 A loita contra as modificacións ao “Código de Trabalho”, no centro das preocupacións sindicais portuguesas
Congreso CGTP 2
280 contresistas pertencentes a 33 sindicatos participaron no 7º congreso da Unión dos Sindicatos de Braga, estrutura distrital (provincial) da Confederaçao Geral dos Trabalhadores Portugueses / Intersindical Nacional, que tivo lugar no auditorio VITA da cidade de Braga. Un Congreso no que a CIG agradeceu o apoio da CGTP ás demandas de integración da central como membros de pleno dereito nos organismos e institucións transfronteirizas con presenza sindical.
3/10/2008 Este ano celébrase baixo o lema “O Profesorado conta”
Neste ano 2008, a Internacional da Educación, organización sindical internacional, que agrupa a sindicatos de docentes de todo o mundo e da que a CIG-ENSINO é fundadora, celebra baixo o lema “O Profesorado conta” o Día Mundial do Profesorado. Unha conmemoración que foi instituída pola UNESCO no 1993 como mostra de recoñecemento á contribución vital do profesorado á educación e ao desenvolvemento das sociedades dos distintos países.
2/10/2008 Convocadas asembleas e concentracións en todas as cidades, o 7 de outubro
Directiva 65 horas faldón
A CIG vén de convocar concentracións simultáneas en todas as comarcas de Galiza para o día 7 de outubro, para denunciar a grave perda de dereitos que suporá para a clase traballadora a ratificación, por parte do Parlamento Europeo, das modificacións introducidas na Directiva de Tempo de Traballo. Unhas modificacións que contemplan, entre outros aspectos, a xeneralización da posibilidade de ampliar a duración máxima da xornada laboral até as 65 horas semanais ou a relaxación na obriga empresarial de compensar con descansos o traballo realizado a maiores.
30/9/2008 Manifestación o 19 de outubro ás 12:00 h en Vigo
marcha mundial manifestación 2004 CIG
Do 14 ao 21 de outubro, a cidade de Vigo acollerá o VII Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres, que xirará en torno á Soberanía Alimentaria e no que participarán delegados e delegadas procedentes dos cinco continentes. A CIG, a través da Secretaría da Muller, vén de manifestar o seu apoio e colaboración con este evento e fai un chamamento a participar na manifestación que terá lugar o 19 de outubro ás 12:00 hora en Vigo baixo o lema “Cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo, cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres”
29/9/2008 Contra o control partidista das Caixas
Logo CIG-Banca
A quebra do sistema financeiro dos EEUU e, en menor medida polo momento, do británico, así como a situación en Bélxica ou Alemaña, obrigou aos gobernos a intervir, chegando incluso á nacionalización de Entidades financeiras. Esta situación evidencia que a falta de regulación e a carencia de supervisión, son un grave perigo para as propias Entidades e para a economía en xeral.