5/8/2008
Producíronse preto de 50 despedimentos nos centros de chamadas da cidade olívica
Cunha nova
concentración de delegados e delegadas a Sección Sindical da CIG en Bosch
continúa dando resposta aos preto de 50 despedimentos realizados pola
multinacional xermana Bosch nos centros de chamadas de Vigo.
4/8/2008
Os clientes seguen a manifestar o seu apoio aos traballadores despedidos
Traballadores do Bingo “Ciudad de Compostela” xunto con compañeiros da CIG, apoiados por
delegados e delegadas sindicais de varias empresas de Santiago permaneceron ás
portas da Sala desde as 16:00 até as 03:00 horas do pasado venres día 1 de
agosto. Tal e como fixeron nas dúas xornadas de mobilización anteriores informaron aos clientes da situación laboral
na empresa e pedíronlles que ese día non entraran no local de ocio.
24/7/2008
A empresa pretende impedir a participación da central nas eleccións
A empresa de elaboración de produtos pesqueiros “Isidro de la Cal” despediu unha segunda candidata da CIG en menos de quince días. A compañía pretende, con estas represalias, impedir que o sindicato nacionalista poida concorrer ás eleccións previstas para o 29 de xullo no centro de traballo de Espírito Santo. A CIG impugnará estas votacións.
22/7/2008
A propia empresa recoñeceu a improcedencia dos despedimentos
O pasado venres 18 de xullo os traballadores do
Bingo “Ciudad de Santiago” concentrábanse ás portas da sala para reclamar a súa
readmisión e informar a usuarios e compañeiros do comportamento da empresa. Case
o 10% do cadro de persoal, foi despedido, segundo explican os propios afectados,
por represalias.
21/7/2008
Aclaración diante das novas nos medios
Ante os desmentidos efectuados pola multinacional xermana Bosch relativa aos despedimentos no seu centro de traballo de Vigo, a sección sindical de Bosch da CIG aclara a través dun comunicado de prensa as noticias que apareceron a este respecto nos medios de comunicación nos últimos dias.
18/7/2008
CIG-Servizos maniféstase na nave da empresa no polígono de Espírito Santo (Cambre)
Membros da CIG-Servizos, da Unión Comarcal coruñesa e traballadores concentráronse o 18 de xullo no polígono de Espírito Santo (Cambre) na nave de “Isidro de la Cal”, empresa dedicada á elaboración e comercialización de produtos pesqueiros. Os sindicalistas protestan polo despedimento dunha traballadora que é candidata da CIG nas eleccións que se han celebrar nas próximas semanas na empresa.