2/12/2008
Perderanse 215 postos de traballo no téxtil da automoción
As traballadoras da empresa Prevent, que realiza fundas para asentos para Citroën, estaban convocadas o 2 de decembro a unha xornada de folga na súa factoria de Mos, contra a deslocalización. Aproveitando esta data realizaron unha manifestación, que percorreu as principais rúas de Vigo e que rematou fronte ao edificio da Xunta de Galiza nesta cidade, para denunciar a deslocalización e o próximo peche da súa planta para ser trasladada a Marrocos, o que provocará a perda dun total de 215 postos de traballo.
1/12/2008
Contra a crise e na defensa dunha organización forte
O sábado 29 de novembro tivo lugar o II Congreso da FGAMT, que se desenvolveu durante toda a xornada no Hotel Coia da cidade de Vigo, cun acordo case que unánime en todas as votacións e debates. Xosé Fernández Piñeiro foi re-elexido secretario nacional desta federación, contando co voto a favor da súa candidatura de 137 congresistas e tan só dunha abstención. A crise económica e as propostas da CIG para enfrontar esta situación estiveron moi presentes neste encontro, no que participou Suso Seixo, secretario xeral da CIG, na súa clausura.
27/11/2008
Ten por lema "O sindicalismo galego pola soberania nacional"
O sábado 29 de novembro no Hotel Coia (Sanxenxo, 1), na cidade de Vigo, terá lugar o II Congreso da FGAMT, xa que foi hai catro anos cando se unificaron estas catro federacións; Alimentación, Mar, Transporte e Telecomunicacións. A xornada de encontro e traballo, que conforma esta cita congresual, leva por lema "O sindicalismo galego pola Soberanía Nacional".
22/10/2008
Vitoria sindical
Unha negociación de última hora entre representantes de “Grúas Vidal”, a CIG e os traballadores permitiu alcanzar un acordo polo que se desconvoca a folga na empresa, que tiña previsto comezar ás 0:00 horas do 23 de outubro. A compañía acepta as reclamacións dos operarios.
16/10/2008
O Grupo Vázquez elimina 15 rutas entre Carballo e A Coruña
Os habitantes da comarca de Bergantiños cada vez teñen menos posibilidades de realizar os seus desprazamentos no transporte colectivo. O Grupo Vázquez, principalmente, e Aucasa reduciron drasticamente os servizos de buses na bisbarra desde que se produciu a segregación de liñas da compañía Arriva, anterior concesionaria do transporte de viaxeiros na zona.
15/10/2008
Choferes deste servizo acumulan até 12 horas de traballo en cada xornada
A CIG-Transporte fixo un chamamento á Xunta de Galiza para que introduza os cambios legais necesarios para obrigar as empresas a utilizar o disco tacógrafo no transporte escolar, pois na actualidade non existe mecanismo algún para controlar as horas ao volante dos choferes que traballan neste servizo.