22/9/2008
Solicitan que sexa xestionado directamente polo SERGAS
O servizo de citacións foi concedido, mediante concurso, a unha empresa
privada para que monte unha Central de Chamadas que dea resposta ás solicitudes
de cita telefónica para o persoal Médico e de EnfermerÃa de Atención Primaria. Para
dar estas citas esta empresa privada fará uso dos datos dos pacientes que
figuran na tarxeta sanitaria, que están en poder do Sergas.
24/4/2008
Temen que a pretensión da administración sexa externalizar estas funcións
Representantes de CIG-Saúde, CIG-Administración e unha ampla representación do colectivo de Inspectores Farmacéuticos de Saúde Pública denunciaron en rolda de prensa a pretensión da consellarÃa de Sanidade de Sanidade de amortizar 19 das 100 prazas existentes a cambio de subilos de nivel. Denuncian que tras desta redución de prazas agóchase a intención da administración de externalizar progresivamente o traballo que desenvolve este colectivo.
7/2/2008
PolÃtica sanitaria neoliberal
O déficit de facultativos en Atención Primaria está chegando, en moitas ocasións, a provocar serios problemas na capacidade asistencial do sistema sanitario público. Na orixe desta situación, ademais da falta de previsión na formación de pre e postgrado, está a polÃtica sanitaria neoliberal de desregulación laboral e restrición de gasto que durante demasiados anos se aplicou no sector.