marco
Artigos de opinión
Recessão nos EUA já vem do ano passado
Umberto Martins
Os Estados Unidos estão em recessão desde dezembro de 2007, segundo um estudo divulgado pelo NBER (Natioanl Bureau of Economic Research) nesta s...
A resaca do festín financeiro
Albert Recio Andreu
Os dous últimos meses foron intensos en medidas de gran goberno. En intervención pública discrecional. Aquel tipo de intervención que os monet...
Euskal Herria: Congreso da central sindical ELA (Non hai outro camiño que o enfrontamento)
Manuel Mera
Durante os días 26 e 27 de novembro realizouse o 12º Congreso de ELA, baixo o lema Langile-Ekin, ao que acudiron 736 congresistas (700 escollido...
Tamén Grenlandia
Martin Garitano
Compostela
9/9/2008 Reclaman que a Administración asume a súa responsabilidade
112 entregasinaturasmarcha I
Un numeroso grupo de traballadores e traballadoras do servizo de emerxencias 112 de Galiza acudía o 9 de setembro a unha nova marcha para reclamar que se escoiten as súas demandas, así como para facer entrega no edificio administrativo da Xunta das máis de 4.000 sinaturas de apoio que teñen recollido ao longo dos últimos meses.
22/8/2008 A Intersindical–CSC apoiou a loita desde Barcelona (Països Catalans)
Bingo Barna 2
A dirección da empresa “Top Rank”, multinacional inglesa propietaria do bingo “Ciudad de Santiago”, readmitiu a traballadora despedida no mes de xullo de forma improcedente, logo de varias xornadas de mobilizacións diante das portas deste negocio. Se ben é certo que nesta empresa houbo tres despedimentos, dous dos traballadores admitiron a indemnización proposta. Porén, a empregada non aceptou a improcedencia do seu despedimento e proseguiu na loita pola súa readmisión, que finalmente conseguiu.
25/6/2008 Manifestación, xoves 26 de xuño, ás 11:30 horas, na Praza do Obradoiro
Persoal do concello de Santiago 1
Os delegados sindicais de todos os sindicatos con representación na Xunta de Persoal funcionario e Comité de Empresa do persoal laboral do Concello de Santiago, xunto co persoal municipal libre de servizo ou na súa pausa regulamentaria, veñen de convocar unha manifestación na Praza do Obradoiro para este xoves, día 26 de xuño, ás 11,30 horas.
13/5/2008 Debates da actualidade
Seminario Dereito á Enerxía I
“Hai que ter en conta as necesidades dos pobos, e deixar de importar modelos foráneos, para conseguir o benestar de todos, e non só duns poucos”, asi comezaban, coas palabras de Fermín Paz, administror da Asociacion Dereito á Enerxía, as xornadas de traballo desta entidade en Santiago de Compostela, pasadas as nove e media da mañá, no Hotel Tryp de San Lázaro.
7/5/2008 Con participación da CIG
Logo Energie Sos Futur
Participarán os membros do Buró ou Comité Executivo da Asociación Dereito á Enerxía que virán de países como Nixeria, Madagascar, Sudáfrica, Francia, Romanía, Rusia, Brasil, Colombia, Paraguai, México, e tamén haberá representantes de Portugal e de Galiza.
22/12/2007 Entre mentres, solicitan a incorporación dun xuíz de reforzo
xulgado social 3
Representantes das organizacións sindicais CIG, UGT e CCOO, o Colexio de Avogados de Santiago, o Colexio de Procuradores, graduados sociais e avogados laboralistas de bufetes privados demandaron, en rolda de prensa, a creación do Xulgado do Social nº 3 de Compostela para solucionar o problema de saturación que actualmente padece o nº 2. Entre mentres, solicitan do Consello Xeral do Poder Xudicial que se asigne un xuíz de reforzo.