marco
Artigos de opinión
2008: um ano de avanços na América Latina e no Caribe
Nidia Díaz
O ano de 2008 foi marcado na América Latina e no Caribe, fundamentalmente, pela consolidação e ampliação dos diversos processos de transforma...
Gaza: perguntas e respostas
Emir Sader
Se o Hamas é considerado uma organização terrorista e nunca invadiu territórios israelenses, como deve ser considerado o Exército de ocupaçÃ...
Hamas, Israel, Gaza e resistência violenta: A estrutura histórica e política da crise actual
Alan Nasser
O que Israel teme não é o terrorismo e sim a independência palestina. Israel não permitirá que emerja um governo palestino soberano sobre a t...
As Pontes
19/2/2008 A sección sindical da CIG asegura que o anterior Goberno local bloqueou toda posibilidade de entendemento cos empregados
O último pleno municipal de As Pontes aprobou un acordo que normaliza as relacións laborais entre os traballadores do Concello e o Goberno local. Este documento supón a fin dun conflito que mantiveron as dúas partes nos últimos catro anos. Pola súa banda, a sección sindical da CIG critica a xestión desenvolvida polo anterior Executivo local (BNG), a quen acusou de represaliar e difamar os traballadores.
8/2/2008 Demandan que os traballadores das contratas e subcontratas das minas non sexan excluídos das incorporacións e das prexubilacións
CARBÓN#1
Delegados sindicais da CIG nas empresas auxiliares das minas de Meirama e As Pontes concentráronse o 7 de febreiro diante da Delegación do Goberno español en A Coruña. Posteriormente, rexistraron dous escritos dirixidos ao Goberno do Estado para que poña fin á discriminación que padecen os empregados das auxiliares da minaría do país.
24/1/2008 Solicita ao Ministerio que xestione a incorporación a Endesa dos operarios que reúnan os requisitos marcados polo Miner II
A Corporación municipal de As Pontes aprobou por unanimidade unha moción de apoio aos traballadores das auxiliares da mina, nun pleno extraordinario celebrado o 23 de xaneiro. O Concello pediralle ao Ministerio de Industria que xestione a incorporación a Endesa de todos os operarios das contratas e subcontratas que reúnan os requisitos marcados polo Plan Miner II.
18/10/2007 A empresa e CC OO demoraron a súa sinatura
O acordo ratificado o 14 de setembro polos traballadores de Einsa Print International S.A. e Ediciones Informatizadas S.A. entrou en vigor o 18 de outubro, logo de que os representantes da CIG e a empresa o asinasen. Einsa e CC OO, que non o rubricou, puxeron durante este tempo todo tipo de obstáculos para a súa sinatura.
14/9/2007 Os contratados por ETT non poderán superar o 25% do cadro de persoal
Os operarios de Einsa nos centros de traballo de As Pontes e Pontedeume ratificaron esta tarde en asemblea o acordo que pon fin a un conflito laboral que se estendeu durante meses e no que o cadro de persoal secundou oito xornadas de folga nas últimas semanas.
27/8/2007 A empresa inclúe máis persoal de mantemento nos servizos mínimos
A actividade en Einsa volveu paralizarse na segunda quenda da folga convocada pola CIG, que se estendeu entre os días 23 e 26 de agosto. A central nacionalista presentou hoxe unha denuncia na Inspección de Traballo contra esta empresa pois incluíu máis persoal de mantemento nos servizos mínimos, nunha media que a CIG considera unilateral e abusiva.