marco
Artigos de opinión
Esquerdas nacionalistas?
Santiago Alba Rico
O recoñecemento de que a lóxica das clases e a lóxica dos territorios se cruzan no marco da globalización capitalista debe levar a un exercici...
A luta pela redução da jornada de trabalho
Ricardo Antunes
A luta atual pela redução da jornada de trabalho e a luta pelo direito ao trabalho, ao invés de serem excludentes, tornam-se necessariamente co...
O que nos levou à crise e como sair dela
Sam Webb
A turbulência nos mercados financeiros e o socorro no montante de US$ 700 bilhões, fez a opinião pública olhar com ira para Wall Street e Wash...
Os antecedentes da tormenta
Luiz Gonzaga Belluzzo
folga
10/10/2008 Diante dunha proposta da patronal para negociar
Asemblea limpeza 10 de outubro
Este venres 10 de outubro celebráronse asembleas para dar a coñecer as novidades no conflito polo convenio provincial de limpeza de edificios e locais da provincia de Pontevedra. Diante das mudanzas existentes, xa que o luns terá lugar unha xuntanza entre patronal e sindicatos, aprobouse adiar a convocatoria de folga até o próximo dia 20 de outubro, para coñecer cal é a nova oferta que quere realizar a patronal.
10/10/2008 Os sindicatos rexistraron o anuncio na Subdelegación do Goberno español
Convocatoria folga comercio
A folga no Comercio vario da provincia da Coruña, programada para o 17 de outubro, foi convocada legalmente polos sindicatos CIG, UGT e CCOO sete días antes da data fixada coa entrega dun escrito na Subdelegación do Goberno español na cidade herculina.
7/10/2008 Esta firma do grupo Inditex despediu tres operarios, dous deles de baixa
Folga en Pull and Bear Logística
A planta de “Pull and Bear Logística” de Narón permaneceu sen actividade na folga de 24 horas que se desenvolveu o 7 de outubro. Esta medida de presión foi acordada polo comité de empresa (CCOO e CIG) logo de que esta firma do grupo Inditex despedise tres operarios, dous deles de baixa laboral.
2/10/2008 Apoiada polas tres centrais sindicais
Asemblea de traballadoras da limpeza preparatoria da folga polo convenio II
CIG, CCOO e UGT convocaron folga indefinida na limpeza de edificios e locais da provincia de Pontevedra a partir do 13 de outubro. Despois do preacordo asinado pola patronal, esta impugnou o acordo económico, ditado no Laudo arbitral do mes de xullo, xa publicado no Boletín Oficial da Provincia. Agora as centrais sindicais sinalan que "os traballadores e traballadoras non somos responsábeis desta folga, senón que a responsábel é a patronal por non cumprir o preacordo".
24/9/2008 Pola negociación do convenio
Carlos Vázquez
No mes de marzo deste ano comezaba a negociación do convenio colectivo de limpeza de edificios e locais da provincia de Ourense, que afecta a máis de 2.000 traballadoras e traballadores. Despois de sete reunións, a última a principios de xuño, non se chegou a ningún acordo nin houbo avanzos significativos. Ante esta situación as traballadoras e traballadores deste sector decidiron convocar folga indefinida no sector desde o 1 de outubro.
24/9/2008 Contra a impugnación do acordo chegado en maio
Rolda de prensa folga limpeza
Máis de 8.000 traballadoras e traballadores do servizo de limpeza de edificios e locais da provincia de Pontevedra, entre estes os hospitais privados, ambulatorios ou Citroën, están convocadas a unha folga con carácter indefinido para a primeira quincena de outubro, pola impugnación que a patronal realizou do laudo arbitral emitido pola AGA do acordo ao que chegaran as dúas partes o pasado mes de maio, para evitar daquelas a convocatoria de folga prevista.