marco
Artigos de opinión
Recessão nos EUA já vem do ano passado
Umberto Martins
Os Estados Unidos estão em recessão desde dezembro de 2007, segundo um estudo divulgado pelo NBER (Natioanl Bureau of Economic Research) nesta s...
A resaca do festín financeiro
Albert Recio Andreu
Os dous últimos meses foron intensos en medidas de gran goberno. En intervención pública discrecional. Aquel tipo de intervención que os monet...
Euskal Herria: Congreso da central sindical ELA (Non hai outro camiño que o enfrontamento)
Manuel Mera
Durante os días 26 e 27 de novembro realizouse o 12º Congreso de ELA, baixo o lema Langile-Ekin, ao que acudiron 736 congresistas (700 escollido...
Tamén Grenlandia
Martin Garitano
eleccións sindicais
14/11/2008 "La Voz" en Vigo publica un artigo cheo de inexactitudes sobre esta nova
Xer Vigo
O pasado 11 de novembro celebráronse as eleccións sindicais na empresa Dornier, que é a empresa adxudicataria da Xestión do Estacionamento Regulado. Nestes comicios os traballadores e traballadoras escolleron 5 delegados/as, dos que 3 son para a CIG e 2 para UGT. Unha nova en "La Voz de Galicia", que falaba deste proceso electoral, provocou malestar na sección sindical da CIG en Dornier, que solicitou o dereito de rectificación neste xornal.
2/10/2008 Sector de Telemárketing
Eleccións sindicais CIG Bosch
O 30 de setembro celebráronse as eleccións sindicais na empresa Bosch de Telemárketing en Vigo; elixíanse 17 membros do Comité de Empresa e a candidatura da CIG acadou a maioría absoluta con 12, CCOO 4 e UGT 1. Nestas eleccións a CIG pasou de 7 representantes (que obtivera en dous procesos anteriores de ampliación do comité) a 12, mentres que CCOO baixou de 8 representantes a 4 e UGT de 2 a 1.
4/9/2008 A empresa exerce presións "antidemocráticas" neste proceso contra os traballadores
CeltaPrix
O 3 de setembro celebrouse no SMAC, a conciliación do despido, de Emilio Fresco Fresco candidato da CIG, non chegándose a acordo, co cal se continua coa demanda ao Xulgado do Social. Ademais, despois da presentación da reclamación do censo, o traballador foi incluido no mesmo e poderá participar no proceso de eleccións sindicais nesta empresa.
2/9/2008 Contra os despedimentos e a represión sindical
CeltaPrix
O 1 de setembro constituíuse a mesa electoral como estaba previsto no preaviso para a celebración das eleccións sindicais na empresa Celta Prix, da recollida do lixo nos concellos de Cambados, Vilanova e Meis, e facilitouse por parte da mesma a relación de traballadores que poden participar en dito proceso, que vai estar exposto 24 horas para que todos poidan comprobar se están ou non neste censo electoral.
31/7/2008 A UGT impugnara o laudo arbitral polo que se anulaba o acto, a petición da CIG
O xulgado do Social nº 1 de Ourense vén de publicar a sentenza pola que se anula definitivamente o proceso electoral sindical do persoal laboral do concello do Carballiño, avalando a impugnación realizada pola CIG e o consecuente laudo arbitral. Queda así desestimada a demanda da UGT, que pretendía a revogación dese laudo e a validez do proceso.
3/7/2008 Eleccións parciais por aumento de persoal
Viza
O venres 27 de xuño tiveron lugar as eleccións sindicais en Viza, nas que a CIG gañou por maioría absoluta. Estes comicios eran eleccións parciais ao pasar de máis de 500 empregados nesta factoría.