19/5/2008
Alan García reprime os movementos sociais
A CIG – Químicas e Enerxía, a través do seu secretario nacional, Abelardo Landeira, remitiu unha carta ao resto de sindicatos afiliados á UIS - Enerxía da Federación Sindical Mundial (FSM) na que expresa a solidariedade con Guadalupe Hilario e outros/as activistas campesiños e indíxenas do Perú, encarcerados polo goberno neoliberal de Alan García.
22/12/2007
O encontro celebrouse en Xenebra os días 10, 11, 12 e 13 de decembro
Abelardo Landeira, secretario nacional da CIG-Químicas e Enerxía, representou a UIS-TEMQPIA na reunión de expertos da Organización Internacional do Traballo (OIT) sobre substancias químicas perigosas, que se celebrou en Xenebra (Suíza) os días 10, 11, 12 e 13 de decembro.