3/10/2008
Este ano celébrase baixo o lema “O Profesorado conta”
Neste ano 2008, a Internacional da
Educación, organización sindical internacional, que agrupa a sindicatos de docentes de todo o mundo e da que a
CIG-ENSINO é fundadora, celebra baixo o lema “O Profesorado conta” o Día Mundial do
Profesorado. Unha conmemoración que foi
instituída pola UNESCO no 1993 como mostra de recoñecemento á contribución vital
do profesorado á educación e ao desenvolvemento das sociedades dos distintos
países.
24/9/2008
Demanda que se fagan públicos os datos oficiais sobre o incumprimento e que se adopten medidas
A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia que o comezo do novo curso
escolar, o segundo desde a entrada en vigor do decreto de galeguización do
ensino, non está a supor ningún avance no cumprimento desta norma, debido á “irresponsabilidade,
inoperancia e falta de interese” da Consellaría de Educación.
23/9/2008
Demanda un especialista de Francés e outro de Ciencias Naturais
A CIG-Ensino vén denunciando que neste comezo de
curso se aprecia un importante recorte de profesorado e unha deficiente
resposta á reclamación dos centros, prexudicando de xeito grave a calidade do
ensino. Neste contexto, a CIG-Ensino quere denunciar un exemplo sintomático
disto, como é o do IES de Arzúa.
18/6/2008
Só dous centros de ensino público imparten en Compostela bacharelato tecnolóxico
Sesenta e tres
profesores do CIFP (Centro Integrado de Formación Profesional) Monte de Conxo
veñen de exixir mediante un escrito, promovido pola CIG-Ensino, o mantemento
das ensinanzas do Bacharelato. Hoxe só dous centros de ensino público de
Santiago imparten bacharelato tecnolóxico, entre os cales está o Centro Integrado
de Formación Profesional de Conxo.
5/6/2008
Considera que Touriño debería cesala polos malos resultados acadados
A CIG-Ensino e os alumnos de Filosofía concentráronse o mércores día 4 de
maio diante da consellaría de Educación "Por un novo Decreto de
Bacharelato". A CIG-Ensino tiña preparado un gasallo para a súa titular,
Laura Sánchez Piñón: un lote de libros de Historia e Filosofía para que,
durante o verán, recupere as asignaturas suspensas ao longo deste curso
escolar, practicamente todas agás relixión. CIG-Ensino entende que o seu titor,
Emilio Pérez Touriño, debería deixala fóra do sistema educativo.
19/5/2008
O martes 20 de maio en diferentes Institutos de Educación Secundaria de Galiza
Con esta acción a
CIG-Ensino dá continuidade ás mobilizacións que, desde o 24 de abril, ven
desenvolvendo xunto co profesorado afectado para conseguir que a Consellaría
asuma as propostas que se teñen feito, co obxecto de que o futuro Bacharelato
sexa máis laico, compensado e de maior calidade.