marco
Artigos de opinión
Recessão nos EUA já vem do ano passado
Umberto Martins
Os Estados Unidos estão em recessão desde dezembro de 2007, segundo um estudo divulgado pelo NBER (Natioanl Bureau of Economic Research) nesta s...
A resaca do festín financeiro
Albert Recio Andreu
Os dous últimos meses foron intensos en medidas de gran goberno. En intervención pública discrecional. Aquel tipo de intervención que os monet...
Euskal Herria: Congreso da central sindical ELA (Non hai outro camiño que o enfrontamento)
Manuel Mera
Durante os días 26 e 27 de novembro realizouse o 12º Congreso de ELA, baixo o lema Langile-Ekin, ao que acudiron 736 congresistas (700 escollido...
Tamén Grenlandia
Martin Garitano
CIG
27/6/2008 Convocaranse mobilizacións para a primeira quincena de novembro
Suso Seixo 27/06/08
A CIG vén de anunciar a posta en marcha dunha campaña dirixida a explicar as causas da actual crise económica e en demanda da aplicación de medidas que garantan as condicións de vida da clase traballadora, que favorezan realmente aos sectores produtivos e que posibilten maior autogoberno para Galiza. Unha campaña que se quere facer chegar a todas as organizacións do nacionalismo para poder dar unha resposta común ante unha crise que vai afectar á maioría da poboación.
17/6/2008 Se foi a súa Presidenta, Dolores Villarino, demanda a súa dimisión polo seu reiterado comportamento antidemocrático
  A CIG remitiu aos medios de comunicación unha nota na que exixe que o Parlamento de Galiza aclare quen tomou e por que, a decisión de impedir aos representantes da central, promotores da Iniciativa Lexislativa Popular, facer declaracións nin sequera ás portas do edificio do Parlamento de Galiza.
17/6/2008 Lembra que non é a primeira vez que se dan feitos semellantes con organizacións nacionalistas
Aymerich, Carlos
O portavoz do grupo parlamentar do BNG, Carlos Aymerich, remitiu un escrito á presidenta da Cámara en protesta polos feitos acontecidos na mañá do martes 17 de xuño no Parlamento, nos que os representantes da CIG foron expulsados cando ían atender aos medios de comunicación despois de presentar unha iniciativa lexislativa popular.
17/6/2008 Entregáronse máis de 19.000 sinaturas no rexistro da Xunta Electoral de Galiza
Entrega de sinaturas para a ILP. 1
Representantes da CIG fixeron entrega, este martes día 17 de xuño, das máis de 19.000 sinaturas, xa certificadas pola oficina do censo electoral, para promover unha ILP e obrigar á institución parlamentaria a retomar o debate sobre o chamado plus de altos cargos. Porén, non se puido explicar aos medios o contido da mesma porque o xefe de seguridade do Parlamento impediuno, aducindo que tiña ordes de prohibir que se fixeran declaracións, nin sequera na porta de entrada do edificio.
17/6/2008 A medida, entre múltiples aspectos negativos, impediría a conciliación entre a vida familiar e o traballo
Faixa da Secretaría da Muller 2002
A Secretaría da Muller da CIG únese ás críticas contra a reforma da directiva de Tempo de Traballo, aprobada a semana pasada polos ministros de Emprego da UE, que pretende ampliar a 65 horas o número máximo de horas que comprenden a xornada laboral. A medida, para a súa entrada en vigor, aínda ten que ser debatida e aprobada no Parlamento europeo.
12/6/2008 Denuncian a perda de dereitos
Os empregados de Telefónica secundaron novamente o 12 de xuño paros de tres horas e media en cada unha das quendas de traballo para denunciar a intención da empresa de modificar as condicións salariais do cadro de persoal.