25/11/2008
Delegados e delegadas da federación concentráronse diante da consellaría de Sanidade
Delegados e
delegadas de CIG-Saúde concentráronse, na mañá deste martes 25 de novembro, diante
das dependencias da consellaría de Sanidade para manifestar o seu desacordo coa
privatización do servizo de cita previa, o incumprimento dos acordos en materia
de recursos humanos e da zonificación da atención primaria nas cidades ou a
lentitude no arranxo dos atrancos para acceder á tecnoloxía, entre outros.
5/11/2008
Representantes sindicais remítenlle unha carta á ministra coas propostas da central
Un cento de delegados/as da Área Pública da CIG, que engloba as federacións de Administración Pública, Ensino e Saúde, concentráronse o 5 de novembro diante da Delegación do Goberno español na Coruña para rexeitar o último acordo retributivo atinxido na Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas.
3/11/2008
As federacións da área pública da CIG denuncian a perda do poder adquisitivo e os límites á oferta do emprego público
As tres Federacións
da Área Pública da CIG, Administración Pública, Ensino e Saúde, convocaron unha
concentración de delegados/as diante da delegación do Goberno, na Coruña, o 5
de novembro para rexeitar o acordo retributivo para as/os empregadas/os públicos
da Mesa Xeral de Madrid para o vindeiro ano. Ademais, entregarase unha carta
dirixida a ministra de Administracións Públicas na que se recollen as
reivindicacións da central.
30/10/2008
Pon en marcha unha campaña de sensibilización e en demanda da reversión ao sistema público
A CIG-Saúde vén de pór en marcha unha campaña
dirixida tanto aos profesionais como á poboación en xeral, para alertar das
graves consecuencias que terá a política de privatizacións que está a
desenvolver a consellaría de Sanidade nas condicións laborais do persoal
sanitario e na calidade asistencial. Por iso, xa solicitaron unha entrevista
urxente coa conselleira de Sanidade e advirten de que se non se muda esta
situación iniciarán mobilizacións.
28/10/2008
Para o 27 de novembro
CIG-Saúde comunica o acordo de declaración de folga no centro de saúde de Tomiño, dependente da Xerencia de Atención de Primaria de Vigo para o 27 de novembro. Denuncian con esta folga que xa está rematado, desde hai meses, o novo centro de saúde realizado neste concello do sul da provincia de Pontevedra, e que é preciso que abra as súas portas, xa que o actual centro de saúde conta cunhas condicións moi precarias.
11/9/2008
Contra a ofensiva neoliberal
Dípticos, cartaces e un documento de analise da directiva Europea sobre tempo de traballo son algúns dos materiais que vén de editar a CIG Saúde e que levarán aos centros de saúde do noso país nos próximos meses para informar e mobilizar contra a precarización das condicións de traballo na sanidade galega e a ofensiva neoliberal.