9/10/2008
Precarización e riscos para os usuarios e usuarias do Sergas
O novo servizo do Sergas ‘Saúde en liña’ entrou nesta segunda semana de outubro en funcionamento, adxudicándolle o desenvolvemento destas funcións a unha empresa privada, servizo suministrado polo Callcenter. Todas as chamadas telefónicas de citación previa dos centros de saúde da provincia de Ourense, deste xeito, pasarán por este novo servizo. A CIG Saúde critica esta nova privatización, xa que “este servizo debe funcionar con traballadores e traballadoras do Sergas e cun control exhaustivo dos datos sensíbeis dos e das usuarias”.
22/9/2008
Solicitan que sexa xestionado directamente polo SERGAS
O servizo de citacións foi concedido, mediante concurso, a unha empresa
privada para que monte unha Central de Chamadas que dea resposta ás solicitudes
de cita telefónica para o persoal Médico e de Enfermería de Atención Primaria. Para
dar estas citas esta empresa privada fará uso dos datos dos pacientes que
figuran na tarxeta sanitaria, que están en poder do Sergas.
23/6/2008
Proseguen as protestas da CIG - Saúde
Medio cento de técnicos superiores e de técnicos en coidados auxiliares de enfermaría do SERGAS mobilizouse o 23 de xuño no Hospital Arquitecto Marcide en demanda dunha reclasificación xusta dos seus postos. Os e as traballadoras trasladaron as súas protestas nunha marcha desde o despacho de Recursos Económicos até o de Recursos Humanos. CIG-Saúde convocou ese día concentracións simultáneas en todos os hospitais públicos do país.
22/5/2008
EStán pendentes listas de contratacións, revisión do pacto, traslados, oposicións ou plans de estabilidade, entre outros
CIG-Saúde celebrou o pasado 20 de maio unha
concentración diante das dependencias do SERGAS en Compostela para reclamar un
cambio nas prioridades da Consellaría de Sanidade e que se potencien os
recursos humanos e os destinados á súa xestión para que se remate cos atrasos acumulados en diferentes procesos.
23/4/2008
AS PROTESTAS REPETIRANSE OS DÍAS 23 DE CADA MES
A CIG-Saúde convocou o 23 de abril concentracións en todos os centros hospitalarios públicos de Galiza para esixir á Consellaría de Sanidade que negocie a reclasificación e as retribucións dos técnicos sanitarios (superiores e de Grao Medio) do SERGAS. As protestas repetiranse os días 23 de cada mes.