24/9/2008
Resposta ao "Plan de Innovación e Transformación"
Cunha nova mobilización en Ourense, a CIG continúa a dar resposta ao “Plan de Innovación e Transformación” posto en marcha por esta Entidade. Durante a mesma fíxose un chamamento a fortalecer o sindicato fronte a crise do sistema financeiro. Case un cento de delegados e delegadas da Federación de Banca participaron nunha nova concentración contra o proceso de reconversión do BBVA, desta volta na cidade de Ourense.
3/7/2008
Continúan as iniciativas para impedir a destrución de 400 postos no banco
O pasado día 2 de xullo unha representación da CIG reuniuse coa Subdirectora Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo, co fin de abordar a situación creada polo denominado Plan de Innovación e Transformación que ten en marcha o BBVA e que se traduciría na destrución de 400 empregos na Galiza.
1/7/2008
Prevista unha xuntanza coa consellaría de Traballo o día 2 de xullo
O pasado 26 de xuño
tivo lugar unha nova concentración de delegados e delegadas da CIG contra o
proceso de reconversión do BBVA, desta volta na Oficina Principal de Lugo. Por
outra banda o vindeiro día 2 de xullo está prevista unha reunión coa Consellaría
de Traballo para solicitar unha implicación da Administración na defensa dos
postos de traballo.
8/5/2008
A ENTIDADE QUERE SUPRIMIR 400 POSTOS EN GALIZA
A CIG-Banca convocou unha concentración o 8 de maio diante da oficina do BBVA no Cantón Pequeno de A Coruña en protesta polo proceso de reconversión emprendido polo banco, que supón a perda de 400 postos en Galiza.
7/5/2008
Promovida pola CIG
O pasado día 5, representantes dos traballadores e traballadoras de Galiza, Portugal e Inglaterra mantiveron unha reunión para tratar de unificar criterios fronte ao proceso de reconversión do BBVA en toda Europa. Franceses e vascos xa anunciaron o seu apoio a esta iniciativa sindical.
23/4/2008
O BANCO APOSTA POLA SUBCONTRATACIÓN E A DESLOCALIZACIÓN
Un cento de delegados e delegadas da CIG concentrouse o 23 de abril na Oficina Principal do BBVA na capital de Galiza para protestar pola posta en marcha dun proceso de reconversión que pode levarse por diante 400 postos de traballo no país.