marco
Artigos de opinión
Recessão nos EUA já vem do ano passado
Umberto Martins
Os Estados Unidos estão em recessão desde dezembro de 2007, segundo um estudo divulgado pelo NBER (Natioanl Bureau of Economic Research) nesta s...
A resaca do festín financeiro
Albert Recio Andreu
Os dous últimos meses foron intensos en medidas de gran goberno. En intervención pública discrecional. Aquel tipo de intervención que os monet...
Euskal Herria: Congreso da central sindical ELA (Non hai outro camiño que o enfrontamento)
Manuel Mera
Durante os días 26 e 27 de novembro realizouse o 12º Congreso de ELA, baixo o lema Langile-Ekin, ao que acudiron 736 congresistas (700 escollido...
Tamén Grenlandia
Martin Garitano
represión sindical
21/11/2008 Realizarán campaña de denuncia e mobilizacións
Ahitosa é unha empresa ourensá do metal que se caracteriza pola persecución sindical, as irregularidades e os despedimentos que sofren os traballadores e traballadoras afiliados á CIG. Dita persecución encrudécese especialmente co compañeiro Miguel, apresentado na candidatura da CIG nas eleccións sindicais de marzo do 2007, e que finalmente foi despedido o pasado 17 de novembro.
20/11/2008 A empresa mesmo contratou un detective para espialo
Bofrost Protesta
Membros da CIG-Servizos protestaron o 20 de novembro diante da nave que Bofrost, empresa dedicada á venda a domicilio de produtos conxelados, posúe no polígono coruñés de Pocomaco. Esta multinacional alemá comezou a acosar un traballador afiliado ao sindicato desde o momento en que este se presentou como candidato nas eleccións do persoal.
20/11/2008 A tenda comunicou o cese logo de coñecer que a empregada integraba a candidatura da CIG ás eleccións sindicais
Pimkie
A Federación de Servizos de Compostela comezou o pasado 19 de novembro unha campaña de mobilizacións diante da tenda de roupa PIMKie reclamando a readmisión dunha traballadora e denunciar publicamente a situación laboral que se da nesta empresa como é traballar domingos e festivos gratis ou facer horas de balde.
18/11/2008 A sentenza tamén obriga á empresa a pagar unha indemnización ao operario polo seu “comportamento antisindical”
CeltaPrix
O Xulgado do Social número 3 de Pontevedra declarou nulo o despedimento do traballador que a empresa Celta Prix cesou logo de presentarse como candidato pola CIG ás eleccións de persoal. Segundo se recolle na sentenza, Celta Prix deberá readmitir a Emilio Fresco Fresco no seu posto e nas mesmas condicións que tiña. Ademais, deberá aboarlle os salarios que deixou de percibir neste tempo.
10/11/2008 A concesionaria despediu ao candidato da CIG ao Comité de Empresa unha semana despois de ser elexido
ambulancias mon
A CIG-As Rías compareceu o venres 7 de novembro para denunciar a situación que están a pasar os/as traballadores/as da empresa Ambulancias Egara-Mon, T.S., S.L. Os responsables da empresa despediron a dous candidatos e coaccionaron os/as traballadores/as que tomaron parte nas Eleccións Sindicais. Dende a CIG denúnciase tamén os reiterados incumprimentos do Convenio de aplicación para as empresas e traballadores/as de transporte de enfermos e accidentados da Comunidade Autónoma de Galicia.
6/11/2008 Apoio masivo e solidario do sector
Folga do metal contra a represión sindical 06/11/2008 IX
Foron máis de 7.000 os traballadores do sector do Metal que o 6 de novembro percorreron as rúas de Vigo para amosar a súa solidariedade cos catro traballadores do Naval, para os que a Fiscalía solicitaba catro anos de cadea pola folga do 2007 polo cumprimento do Convenio. Paro xeralizado e marchas moi numerosas visibilizaron o apoio do sector a estes catro compañeiros, e a loita que están dispostos a dar contra a represión sindical. Unha xornada de desafío a do 6 de novembro que demostra que o Metal non vai permitir ningún tipo de recorte de dereitos.