2/10/2008
Sector de Telemárketing
O 30 de setembro celebráronse as eleccións sindicais na empresa Bosch de Telemárketing en Vigo; elixíanse 17 membros do Comité de Empresa e a candidatura da CIG acadou a maioría absoluta con 12, CCOO 4 e UGT 1. Nestas eleccións a CIG pasou de 7 representantes (que obtivera en dous procesos anteriores de ampliación do comité) a 12, mentres que CCOO baixou de 8 representantes a 4 e UGT de 2 a 1.
29/9/2008
Contra o control partidista das Caixas
A quebra do sistema financeiro dos EEUU e, en menor medida polo momento, do británico, así como a situación en Bélxica ou Alemaña, obrigou aos gobernos a intervir, chegando incluso á nacionalización de Entidades financeiras. Esta situación evidencia que a falta de regulación e a carencia de supervisión, son un grave perigo para as propias Entidades e para a economía en xeral.
26/9/2008
Unha mostra máis das "peores práticas laborais"
Cada vez é mais habitual que empresas denominadas “de servizos” actúen como se de Empresas Traballo Temporal se tratase, cedendo persoal a terceiros. Este é o caso da empresa “ESG Servicios Generales SL” do grupo Prosegur e de Caixa Galicia, sancionadas pola Inspección de Traballo de A Coruña por cesión ilegal.
24/9/2008
Resposta ao "Plan de Innovación e Transformación"
Cunha nova mobilización en Ourense, a CIG continúa a dar resposta ao “Plan de Innovación e Transformación” posto en marcha por esta Entidade. Durante a mesma fíxose un chamamento a fortalecer o sindicato fronte a crise do sistema financeiro. Case un cento de delegados e delegadas da Federación de Banca participaron nunha nova concentración contra o proceso de reconversión do BBVA, desta volta na cidade de Ourense.
15/9/2008
Denuncian acoso laboral na oficina
O 15 de setembro, representantes sindicais da CIG concentráronse ante a oficina do Banco Pastor en Maside (Ourense) para protestar pola persecución á que está sendo sometido un delegado por parte do Director desta sucursal.
31/7/2008
Realizaranse os días 11 e 18 de agosto
A Sección Sindical da CIG no centro de chamadas da empresa Unísono CRM en Vigo vén de convocar paros na campaña de Orange para os días 11 e 18 de agosto en demanda da reclasificación do persoal do departamento do Servizo Integral de Facturación de Orange.