marco
Artigos de opinión
A guerra pra manter hexemonías
Manuel Mera
A mini guerra polo control de Osetia do Sul rematou cunha derrota de Xeorxia, despois da decisión suicida do seu presidente, o pro norteamericano ...
Barack Obama e o poder de internet
Altamiro Borges
Para todos os que encaram as eleições de 2008 como decisivas no longo processo de acumulação de forças do campo popular e democrático, o tex...
Colômbia, laboratório de bruxarias: Democracia e terrorismo de Estado
James Petras
O livro recente de Hernando Calvo Ospina, Colombia, Laboratorio de Embrujos: Democracia y Terrorismo del Estado [1] é o mais importante estudo da...
Galego
4/8/2008 A asociación convida á clientela galega a que “repense” a súa vinculación coa entidade
Logo Mesa pola Normalización Lingüística
Nunha resposta á Mesa pola Normalización Lingüística, a entidade financeira a distancia ING Direct sinala que non vai utilizar o galego mentres a lexislación lingüística de Galiza non o determine taxativamente.
1/8/2008 A propia editorial, Salvat Bruño, confirmou a noticia ás Mocidades da Mesa
astérix
A Mocidade pola Normalización Lingüística, sección xuvenil da Mesa, vén de confirmar con Salvat Bruño, editora responsábel da publicación das aventuras de Astérix e Obélix para o Estado español, que os máis coñecidos guerreiros galos de todos os tempos “voltarán ao fin a falar en galego” por volta do próximo outono, previsibelmente entre outubro e novembro.
24/7/2008 Colectivos e cidadáns poderán sumar o seu apoio en distintas páxinas web
Presentación Manifesto Galego
Unha trintena de persoas representativas de diferentes eidos da sociedade galega presentaron este xoves, día 23 de xullo, en Compostela o “Manifesto a prol da convivencia lingüística e da igualdade de dereitos para o galego”. Un documento no que se subliña que “é o galego o que corre perigo como idioma e os galego falantes os que non son debidamente respectados”.
10/7/2008 A empresa non lle sacou traballo algún aos centros que teñen que asumir todos os trámites burocráticos
A CIG-Ensino denuncia que a empresa contratada pola Consellaría de Educación para a xestión dos libros de texto obriga aos centros, cando contactan con ela telefonicamente, a dirixirse a eles en español. Esta empresa que foi licitada pola Consellaría por 450.000  € de diñeiro público galego, non só non atende aos centros escolares de Galiza no seu idioma, senón que tampouco os descarga de traballo ningún.
8/7/2008 “Este caso demostra que na defensa da nosa cultura non se pode dar ningunha batalla por perdida”
Polo dereito a vivirmos en galego pegata
A Mesa pola Normalización Lingüística vén de manifestar a súa “satisfacción” pola decisión plenaria do Concello da Coruña, na cal se ratificou un decreto da alcaldía asinado xa o pasado mes de marzo, polo que a institución municipal desiste do litixio que desde 1992 vén mantendo pola súa “teimosía” de non recoñecer nin acatar a lexislación vixente en materia lingüística e toponímica.
3/7/2008 Demanda que os cartos se invistan en introducir o galego nos ámbitos onde está excluído
Polo dereito a vivirmos en galego 01
A Mesa pola Normalización Lingüística reclama “a suspensión inmediata” da nova campaña que vén de presentar a Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) e que o diñeiro previsto para a mesma se reinvista en introducir o galego en diferentes ámbitos nos que está excluído.
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela
Contacta por correo en cig.prensa@galizacig.com
Fontes RSS Logotipo fontes RSS