30/10/2008
Os dereitos laborais, os baixos salarios e o desemprego, principais tarefas sindicais ás que se enfronta a USP
Arredor de 200
delegados e delegadas en representación dos diferentes sindicatos que a
conforman, tomaron parte o pasado día 24 no VIII Congreso da Uniao dos
Sindicatos do Porto, estrutura distrital da Confederaçao Geral dos
Trabalhadores Portugueses/Intersindical Nacional, CGTP/IN. Trabalho com direitos. Elevar os salários. Combater o desemprego, a
pobreza e a exclusao! foi o lema deste congreso, que resume claramente as
preocupacións e as tarefas sindicais ás que se enfronta a USP.
29/10/2008
Manifesta a súa solidariedade e compromiso coa loita do pobo saharauís
A CIG participou no
VI Congreso Ordinario da Unión Xeneral de Traballadores de Saguia-el-hamra e Río
de Ouro, UXTSARIO, celebrado entre os días 19 e 21 deste mes. En paralelo ao
Congreso celebrouse tamén a 4ª Conferencia Sindical Internacional de
Solidariedade coa UXTSARIO e o Pobo Saharauí. Na súa intervención no
plenario o representante da central manifestou a súa solidariedade e compromiso
coa loita do pobo saharauí.
24/4/2008
A CIG ESTIVO CONVIDADA
O pasado 19 de abril de 2008 tivo lugar na cidade de Lisboa o “Seminário internacional migrações e mundo do trabalho”, que contou coa CIG en calidade de organización convidada. De seguido reproducimos a crónica elaborada por Xurxo Martínez Crespo.