26/11/2008
A CIG-Ensino considera que esta medida “é inxustificable e incomprensible”
A CIG-Ensino vén de denunciar que a Consellaría de Educación está
obrigando a algúns centros de secundaria a deixar de impartir certas optativas
que están impartindo desde principio de curso. Dende a Federación do Ensino da
CIG consideran que esta medida “é inxustificable e incomprensible”, posto que
ocasiona trastornos tanto “ao alumnado desas materias como aos centros que teñen
que organizar de novo os horarios dese alumnado”.
19/11/2008
Entrega máis de 8.000 sinaturas no rexistro da Xunta apoiando estas reivindicacións
A CIG-Ensino fixo entrega, no rexistro da
Xunta, de 8.125 sinaturas de profesorado na mañá deste mércores 19 de novembro.
As sinaturas son resultado dunha campaña que tiña como obxectivo reclamar unha
serie de melloras dirixidas a garantir a calidade do ensino e as condicións
laborais e profesionais do profesorado.
17/11/2008
Exixe a Educación que prorrogue o mandato dos Consellos Escolares até que non se constitúan os novos Consellos Sociais
Ante a convocatoria de eleccións para a renovación
parcial dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa nos
consellos escolares dos centros, é especialmente grave a situación que se está
a producir nos Centros Integrados de FP nos que este proceso non vai ter lugar,
sen que se contemple tampouco a prórroga do mandato dos actuais membros.
14/11/2008
Reciben máis de 2.000.000 de euros
A CIG-Ensino
denuncia que a consellaría de Educación mantén os concertos educativos con
cinco centros do OPUS DEI que reciben subvencións de máis de 2.000.000 de euros
malia segregar o alumnado por razóns de sexo. A Consellaría
xustificou a súa posición de non actuar até o curso vindeiro por falta de
probas, cando os mesmos responsábeis destes centros e nas súas páxinas webs
recoñecen que impediron a matrícula de nenos e nenas no mesmo centro.
13/11/2008
Educación paga as empresas de transporte 900 euros ao mes, pero os/as traballadores/as só perciben 171 euros
A CIG-Ensino vén de denunciar que os/as
acompañantes do transporte escolar perciben un 81 % menos do que lles
correspondería, segundo o que a Consellaría lles transfire ás empresas de
transporte para cubrir os gastos deste servizo. Detectáronse casos de compañías
que en lugar de contratar directamente a estes/as traballadores/as e
aplicarlles o Convenio de transporte de viaxeiros fano mediante empresas de
servizos e retribúenos, soamente, coa parte proporcional que lles corresponde
do salario mínimo interprofesional.
10/11/2008
O gasto educativo galego sitúase case 1 punto por debaixo do PIB destinado a Educación polos países da OCDE
O Secretario Nacional da CIG-Ensino, Anxo
Louzao, fixo pública a valoración da central dos orzamentos presentados pola
Consellaría de Educación para o ano 2009.
Estes orzamentos non só son insuficientes para avanzar na calidade do
ensino senón que son os que menos medran desde a entrada do novo goberno na
Xunta de Galiza. Os orzamentos da Consellaría de Educación para
o ano 2009 suporían un total de 2.389 millón de euros (102 millóns máis
respecto de 2008), de xeito que a Consellaría medra só un 4,45%. Para atopar
índices máis baixos de crecemento hai que remontarse aos orzamentos de 2003.