6/11/2008
Prosegue o conflito pola negociación do convenio provincial da Coruña
O persoal do Comercio vario da provincia da Coruña decidiu, tras aprobalo en asembleas, convocar tres novas xornadas de folga para os días 28 de novembro, 24 de decembro e 5 de xaneiro. A decisión dos empregados responde á negativa da patronal a sentar a negociar o convenio colectivo, cuxa vixencia expirou a comezos de ano. Por volta de 15.000 persoas traballan na provincia neste sector.
4/11/2008
Colaboraran co metal para parar os dous sectores
Continúa a conflitividade coa negociación colectiva do convenio provincial da limpeza de edificios e locais na provincia de Pontevedra. As centrais sindicais CIG, CCOO e UGT, decidiron convocar folga neste sector a xornada do xoves 6 de novembro ante a actitude da Patronal, que se botou atrás nas súas propostas e que se nega a asumir o que acordaron nas mesas de negociación.
18/10/2008
Apostan polo preacordo e agardan sentenza TSXG
O venres 17 de outubro as traballadoras e traballadores dos edificios e locais da provincia de Pontevedra estaban chamadas ás asembleas para ser informadas da proposta que a Patronal deste sector realizaba. Asi, nas asembleas xulgouse insuficiente e mantívose a aposta polo pre-acordo, aprazándose a folga, en función da sentenza da impugnación do laudo arbitral do AGA e do seu cumprimento.
10/10/2008
Diante dunha proposta da patronal para negociar
Este venres 10 de outubro celebráronse asembleas para dar a coñecer as novidades no conflito polo convenio provincial de limpeza de edificios e locais da provincia de Pontevedra. Diante das mudanzas existentes, xa que o luns terá lugar unha xuntanza entre patronal e sindicatos, aprobouse adiar a convocatoria de folga até o próximo dia 20 de outubro, para coñecer cal é a nova oferta que quere realizar a patronal.
10/10/2008
Os sindicatos rexistraron o anuncio na Subdelegación do Goberno español
A folga no Comercio vario da provincia da Coruña, programada para o 17 de outubro, foi convocada legalmente polos sindicatos CIG, UGT e CCOO sete días antes da data fixada coa entrega dun escrito na Subdelegación do Goberno español na cidade herculina.
2/10/2008
Apoiada polas tres centrais sindicais
CIG, CCOO e UGT convocaron folga indefinida na limpeza de edificios e locais da provincia de Pontevedra a partir do 13 de outubro. Despois do preacordo asinado pola patronal, esta impugnou o acordo económico, ditado no Laudo arbitral do mes de xullo, xa publicado no Boletín Oficial da Provincia. Agora as centrais sindicais sinalan que "os traballadores e traballadoras non somos responsábeis desta folga, senón que a responsábel é a patronal por non cumprir o preacordo".