16/12/2008
CIG-Autonómica rexeita a proposta de modificación de relación de postos de traballo nos servizos de limpeza e mantemento
Na que, probablemente, será a derradeira
Mesa Xeral de Empregados Públicos o vindeiro 18 de decembro, a ConsellarÃa da
Presidencia na súa proposta de modificación de relación de postos de traballo
remitida ás centrais sindicais con representación na mesma, presentará a
amortización de 83 postos de traballo, 55 deles con traballadores/as en activo
que pasarán a engordar as listas de desemprego deste PaÃs.
16/10/2008
Concentráronse primeiro diante do Parlamento e logo diante de Presidencia, en San Caetano
Con concentracións diante do Parlamento de
Galiza -onde tramitaron unha solicitude de entrevista con todos os grupos con
representación na cámara galega-, unha marcha até San Caetano polas rúas da
zona vella compostelá e unha concentración diante de Presidencia, reiteraron,
na mañá deste xoves 16 de outubro, a súa exixencia de melloras nas condicións
laborais e o recoñecemento do dereito á subrogación, as traballadoras e
traballadores do servizo de atención a emerxencias 112.
5/5/2008
A limpeza e a escola infantil non serán públicas
Traballadores e traballadoras da Xunta de Galiza, e delegados e delegadas sindicais de UGT, CC.OO, CIG, CSI-CSIF e CGT concentrábanse o 5 de maio diante do edificio administrativo da Xunta en Pontevedra, para expresar o seu rexeitamento á privatización de diferentes servizos da administración autonómica nesta cidade.
24/4/2008
Temen que a pretensión da administración sexa externalizar estas funcións
Representantes de CIG-Saúde, CIG-Administración e unha ampla representación do colectivo de Inspectores Farmacéuticos de Saúde Pública denunciaron en rolda de prensa a pretensión da consellarÃa de Sanidade de Sanidade de amortizar 19 das 100 prazas existentes a cambio de subilos de nivel. Denuncian que tras desta redución de prazas agóchase a intención da administración de externalizar progresivamente o traballo que desenvolve este colectivo.