2/10/2008
Inspección de Traballo emitiu un informe favorábel ao respecto
En referencia ao ERE solicitado por Asientos de Galicia SL (Faurecia), que afecta a 99 traballadores da Liña 2 (C4 Picasso e Xsara Picasso) para os días 3, 10, 24 e 31 de outubro de 2008, e sendo aprobado pola Consellaria de Traballo o 29 de setembro de 2008, o Comité de Empresa desta factoría amosou, a través dun comunicado de prensa, o seu "total desacordo" coa actuación da Autoridade Laboral, por aprobar este informe, asi como criticou a emisión dun informe favorábel na aprobación deste ERE da Inspección de Traballo.
26/6/2008
Foi a forza sindical máis votada
Celebradas as eleccións en Asientos de Galicia, do Grupo Faurecia, con maioría da CIG.
24/4/2008
No Porriño
O traballador, que levaba 12 anos en Faurecia e era fixo desde o 2002, é vítima da represión sindical da empresa: el foi unha das persoas máis activas na negociación colectiva do convenio de Faurecia e é membro da sección sindical da CIG na empresa.
20/2/2008
Medida de presión por un Convenio digno
O sábado 16 desde as cinco da mañá, máis de cen traballadores da factoría da automoción Faurecia Interior Systems, no Polígono das Gándaras de O Porriño, bloqueaban a entrada deste centro de traballo para impedir que se realizaran horas extras como unha medida de presión na negociación do convenio de empresa.