19/8/2008
Os docentes foron represaliados logo de sindicalizárense
A Federación de Químicas e Enerxía da CIG, integrada na Federación Sindical Mundial, remitiu unha carta de apoio as demandas dos 150 mestres de colexios técnicos despedidos en México por sindicalizárense e esixiren os seus dereitos laborais.
15/8/2008
A central nacionalista galega foi convidada polo movemento sindical paraguaio
O 15 de agosto de 2008 é unha data emblemática para o pobo paraguaio. Despois de 61 anos de gobernos reaccionarios e antipopulares, con dictaduras militares incluídas, amparados nas siglas do Partido Colorado, un presidente con visión progresista elixido democraticamente no mes de abril vai asumir as súas funcións.
6/8/2008
Adhírete á iniciativa premendo na primeira ligazón desta noticia
A CIG apoia a campaña internacional para liberar os cinco prisioneiros antifascistas cubanos encarcerados inxustamente en prisións de EEUU por abortar plans terroristas organizados nese país para atacar a illa caribeña. Os cinco presos cubanos cumprirán, o vindeiro 12 de setembro, dez anos de cativerio en cadeas norteamericanas.
21/7/2008
O 20 de xullo en Brasil
Fermín Paz Lamigueiro foi nomeado como novo Secretario Xeral da Asociación Internacional " Dereito á Enerxia- SOS Futuro". Na sesión do Consello de Administración celebrado o 20 de xullo de 2008, no Brasil, na cidade de Rio de Janeiro.
14/7/2008
Os traballadores foron despedidos por cuestionar o ministro de Petróleo
CIG-Químicas lamenta o despedimento de catro dirixentes sindicais ecuatorianos que cuestionaron a xestión do ministro de Minas e Petróleo. Abelardo Landeira, secretario nacional da CIG-Químicas, remitiu cartas denunciando os feitos ao presidente do Ecuador, a demais autoridades do país, á UIS-TE, a diversos sindicatos de clase do mundo e á FSM.
10/7/2008
Solidariedade internacionalista
A CIG-Químicas e Enerxía amosou o seu apoio ao Gran Paro Nacional convocado o 9 de xullo en Perú pola CGTP e a Coordinadora Político Social en contra das políticas neoliberais e represivas emprendidas polo Goberno de Alan García. A CIG-Químicas remitiu a súa mensaxe solidaria ás organizacións convocantes da folga e á Federación Sindical Mundial. Tamén lle trasladou a misiva ao propio Goberno peruano.