marco
Artigos de opinión
2008: um ano de avanços na América Latina e no Caribe
Nidia Díaz
O ano de 2008 foi marcado na América Latina e no Caribe, fundamentalmente, pela consolidação e ampliação dos diversos processos de transforma...
Gaza: perguntas e respostas
Emir Sader
Se o Hamas é considerado uma organização terrorista e nunca invadiu territórios israelenses, como deve ser considerado o Exército de ocupaç...
Hamas, Israel, Gaza e resistência violenta: A estrutura histórica e política da crise actual
Alan Nasser
O que Israel teme não é o terrorismo e sim a independência palestina. Israel não permitirá que emerja um governo palestino soberano sobre a t...
Así será o ano 2009
Ignacio Ramonet
xuízo
5/11/2008 Chaman a mobilizarse "pola dignidade dos traballadores"
Folga metal I
A folga do día 6 comezará desde as sete da mañá nas portas dos centros do traballo do Metal, afectados polo convenio provincial, con concentracións ás portas das empresas, e que se irán xuntando por zonas para comezar esta xornada de loita. Asi desde a Avenida de Madrid haberá un grupo de piquetes, ao que se lle xuntará a xente de Mos e Puxeiros; desde Alcalde Portanet subindo por Castrelos subirá outro grupo de piquetes, no que irán tamén os folguistas de Vincios e Coruxo. Ademais desde as sete da mañá haberá concentracións nas portas dos distintos estaleiros.
25/6/2008 Celebrouse a repetición do xuízo contra o secretario comarcal da CIG–Ensino, Eduardo Álvarez
Repetición do xuízo contra o secretario comarcal da CIG-Ensino en A Coruña 1
A vista contra Eduardo Álvarez, secretario comarcal da CIG-Ensino, denunciado polo xuíz-decano de A Coruña, Antonio Fraga Mandián, por unhas supostas inxurias contra este, repetiuse o 25 de xuño no Xulgado de Instrución número 4 da cidade. No decurso da vista, Fraga Mandián chegou a manifestar a súa intención de seguir empregando o topónimo ilegal “La Coruña”: “No tengo ningún rubor en utilizar la ilegalidad `La Coruña´”, dixo.
17/2/2008 Que se posicione coa traballadora
Xuizo Ana Lois
O vindeiro martes 19 de febreiro celebrarase no Xulgado do Penal nº 3 de Pontevedra un novo xuízo polo caso de nove anos de acoso laboral do alcalde de Dozón á delegada da CIG no Concello, Ana Lois Navaza. Para falar destas cuestións tivo lugar o 14 de febreiro unha rolda de prensa.
7/2/2008 O xuízo contra o secretario comarcal da CIG de Ferrol terá que se repetir
López Pintos
A Audiencia Provincial de A Coruña anulou a sentenza emitida polo Xulgado de Instrución número 3 de Ferrol que condenara Xesús Anxo López Pintos, secretario comarcal da CIG, por unha acción sindical nunha obra de Mugardos na que catro obreiros non cobraban.
30/1/2008 O xuízo contra Xesús Pastoriza celebrarase o 20 de decembro en A Coruña
Xesus Pastoriza 1
Xesús Pastoriza, responsábel nacional da CIG-Transporte, será xulgado en A Coruña o xoves 20 de decembro, ao estar acusado de ter ocasionado uns supostos danos nos cristais dun autobús da Empresa Monforte o 3 de marzo de 2001. A acusación particular solicita para el catro anos e seis meses de cárcere e o Ministerio Fiscal, tres anos e medio, ademais de ter que pagar unha multa e indemnizar á empresa.
25/1/2008 Eduardo Álvarez fora condenado a pagarlle unha indemnización de 5.000 euros ao xuíz decano por unhas presuntas inxurias
A Audiencia Provincial de A Coruña declarou a nulidade radical de actuacións do xuízo de faltas no que Eduardo Álvarez, secretario comarcal da CIG-Ensino de A Coruña, fora condenado a pagar unha multa de 200 euros e a indemnizar con 5.000 ao xuíz decano da cidade, Antonio Fraga Mandián, en concepto de danos morais por unhas presuntas inxurias. A vista oral terase que repetir.