4/6/2008
A CIG e os traballadores denuncian a imposición de servizos mínimos abusivos
Os traballadores e traballadoras da sanidade privada – concertada da provincia de A Coruña secundaron maioritariamente o 4 de xuño a primeira das xornadas de folga no sector. A cifra de seguimento do paro atinxiu o 85 %. Mentres, a CIG e os empregados denuncian que os servizos mínimos marcados pola Administración foron abusivos.
22/5/2008
Concentráronse diante do Policlínico da Rosaleda en Compostela
A patronal da Sanidade Privada-Concertada séguese a
negar a negociar o convenio colectivo e a mellorar as condicións laborais das
traballadoras e traballadores do sector. Por iso na mañá deste xoves 22 de maio
celebrouse unha nova concentración diante do Policlínico da Rosaleda, en
Compostela, para denunciar a situación nas que se atopan e reclamar unha
inmediata solución.
29/4/2008
No Hospital de A Esperanza, en Compostela, ás 11:00 horas
Os delegados da CIG
e UGT da sanidade privada veñen de acordar un calendario de concentracións en
todos os hospitais da provincia da Coruña durante o mes de maio. As mobilizacións
culminarán coa convocatoria dunha folga xeral de 24 horas os mércores 4 e 11 de
xuño se antes non se consegue culminar a negociación do convenio.
25/4/2008
RUPTURA DAS NEGOCIACIÓNS DO CONVENIO
A ruptura por parte da patronal das negociacións do convenio colectivo provincial da sanidade privada de A Coruña obrigou os traballadores a retomar as mobilizacións. O 24 de abril, despois de concentrárense diante do Hospital San Rafael, pecháronse por espazo dunha hora e media nas instalacións deste centro médico coruñés.