19/5/2008
Negociaranse as outras cuestións pendentes
Os traballadores de Valoriza conseguiron os obxectivos polo que se convocaba folga nesta empresa de matemento de estradas: a readmisión dos despedidos por represión sindical e a apertura de negociacións para acadar melloras laborais e sociais nos seus postos de traballo.
15/5/2008
Realizan mantemento de autoestradas na provincia de Pontevedra
Este xoves 15 de maio tivo lugar unha rolda de prensa no local comarcal da CIG de Vigo para dar a coñecer a convocatoria de folga na empresa Valoriza Conservación de Infraestruturas a partir do próximo 20 de maio.
25/4/2008
Represión sindical na Construción
Os traballadores do servizo de mantemento das insfraestruturas da autoestrada do Atlántico decidiron en asemblea que irán á folga de non mudar a empresa a actual situación, na que tres traballadores foron despedidos durante o proceso previo ás eleccións sindicais.