marco
Artigos de opinión
2008: um ano de avanços na América Latina e no Caribe
Nidia Díaz
O ano de 2008 foi marcado na América Latina e no Caribe, fundamentalmente, pela consolidação e ampliação dos diversos processos de transforma...
Gaza: perguntas e respostas
Emir Sader
Se o Hamas é considerado uma organização terrorista e nunca invadiu territórios israelenses, como deve ser considerado o Exército de ocupaçÃ...
Hamas, Israel, Gaza e resistência violenta: A estrutura histórica e política da crise actual
Alan Nasser
O que Israel teme não é o terrorismo e sim a independência palestina. Israel não permitirá que emerja um governo palestino soberano sobre a t...
draka cables
13/10/2008 Inclúe prexubilacións e compensacións económicas
Folga Draka Cables II
O centenar de traballadores da factoría de Draka Cables en Mos (Pontevedra) aceitou un preacordo coa dirección da empresa para levar a cabo o peche da fábrica, no que se establecen diversas compensacións para a totalidade dos empregados, e que conta "cun apoio do 100% do persoal", segundo informou o comité de empresa nunha nota de prensa remitida aos medios de comunicación o pasado 9 de outubro.
3/9/2008 Rexeita a reindustrialización da planta
Manifestación de Draka Cables en Vigo 13 de xuño II
O 1 de setembro unha nova xuntanza tiña lugar entre os representantes sindicais dos traballadores e a dirección da empresa Draka Cables de Mos. Nesta reunión os empresarios desbotaron o proxecto que eles mesmos presentaron o 18 de xullo para que dúas compañías pontevedresas, Narwhal e Colyaer, se fixeran cargo das instalacións e o persoal. Anunciaron que no prazo dunha semana presentarán unha nova proposta económica aos traballadores para que o peche da factoría sexa efectivo antes do mes de novembro.
13/6/2008 Exixen apoio da Xunta
Manifestación de Draka Cables en Vigo 13 de xuño I
Os 100 traballadores e traballadoras da empresa de cableado Draka, ubicada en Mos, acudiron o venres 13 de xuño a Vigo, onde celebraron unha manifestación na que reclamaron á empresa unha "recolocación digna", asi como exixiron á Administración que lles axude a lograr unha solución ao problema xurdido desde que a dirección da empresa anunciara o peche da planta a finais deste ano.
5/6/2008 Despois dunha xuntanza mantida coa dirección da empresa
Folga Draka Cables B
Os nove traballadores que conforman o comité de empresa de Draka Cables permaneceron encadeados durante dúas horas en dous silos de almacenamento de plástico situados nas instalacións da empresa, na localidade de Mos, para reclamar unha "recolocación digna" dos 100 empregados da planta, que ten previsto pechar este ano.
25/4/2008 Peche da empresa de Mos
Draka Cables
Máis de 100 traballadores da multinacional holandesa Draka Cables, que produce cables para a automoción, coñeceron nesta semana a decisión irrevogábel da empresa de pechar a súa planta en Vigo a finais de 2008. Os traballadores responderon cunha convocatoria de folga para o 29 de abril.