5/7/2008
Pola aparición do novo hospital
As persoas integrantes da sección sindical de Povisa deron unha rolda de prensa o venres 4 de xullo no local sindical da CIG de Vigo para amosar a súa preocupación diante das informacións que están a aparecer nos medios sobre o novo hospital, xa que a estabilidade dos seus empregos está en xogo, polo que demandan abrir unha vía de diálogo con Sanidade.
25/4/2008
Nova mobilización contra a precariedade
O persoal do Hospital Povisa continúa a manter un conflito laboral coa empresa en reclamación do cumprimento do convenio e contra a precariedade, polo que as traballadoras e traballadores decidiron convocar unha caravana de coches polo centro de Vigo para visibilizar as súas demandas.