23/6/2008
Proseguen as protestas da CIG - Saúde
Medio cento de técnicos superiores e de técnicos en coidados auxiliares de enfermaría do SERGAS mobilizouse o 23 de xuño no Hospital Arquitecto Marcide en demanda dunha reclasificación xusta dos seus postos. Os e as traballadoras trasladaron as súas protestas nunha marcha desde o despacho de Recursos Económicos até o de Recursos Humanos. CIG-Saúde convocou ese día concentracións simultáneas en todos os hospitais públicos do país.
10/6/2008
Celebrado o primeiro dos xuízos por despedimentos de obreiros inmigrantes
A CIG de Ferrol solicita a intervención do Ministerio Fiscal en Eshor por unha “fraude masiva aos traballadores, a Facenda e á Seguridade Social”, pois a construtora obriga a asinar baixas voluntarias a moitos dos seus empregados estranxeiros e despide aqueles que sofren un accidente laboral ou caen enfermos.
16/5/2008
A CONSTRUTORA FRETOU UN BUS E VARIAS FURGONETAS PARA TRASLADAR EMPREGADOS DESDE MADRID A FERROL
Ferrol viviu un feito insólito na tarde do 15 de maio. A construtora Eshor organizou unha protesta fronte ao local da CIG na que mobilizou algo máis dun centenar de traballadores, na súa inmensa maioría inmigrantes. A empresa fretou un autobús e varias furgonetas para trasladar obreiros desde Madrid a Ferrol.
5/5/2008
A EMPRESA RECIBE BONIFICACIÓNS DO MINISTERIO DE TRABALLO
A construtora Eshor, empresa con sede en Cabanas especializada en estruturas de formigón, escraviza os traballadores inmigrantes. A sociedade, que se beneficia de bonificacións que concede o Ministerio de Traballo para a contratación de operarios no estranxeiro, obriga estes obreiros a asinar baixas voluntarias e despide aqueles que sufriron accidentes laborais ou se atopan de baixa por enfermidade común.
29/4/2008
A CIG CONMEMOROU O DÍA INTERNACIONAL DA SEGURIDADE NO TRABALLO
Baixo o lema "Saúde laboral, dereito universal", a CIG conmemorou este ano en Ferrol o 28 de abril, Día Internacional da Seguridade no Traballo. Os actos estendéronse durante toda a xornada na Praza de Armas, onde o sindicato instalou unha carpa e un punto de información sobre prevención de riscos laborais.
26/4/2008
O 28 DE ABRIL, NA PRAZA DE ARMAS, DESDE AS 10:00 HORAS
A CIG conmemora este ano en Ferrol o 28 de abril, Día Internacional da Seguridade no Traballo, cunha xornada repleta de actos, que se desenvolverán desde as 10:00 horas na Praza de Armas da cidade.