25/4/2008
O SINDICALISTA RECORRERÁ A SENTENZA
O Xulgado de Instrución número 3 de Ferrol condenou o secretario comarcal da CIG, Xesús Anxo López Pintos, a unha multa de 90 euros como autor “dunha falta de coaccións” por lle recriminar ao encargado dunha obra en Mugardos da construtora “OYC Compostela” que catro operarios portugueses levasen mes e medio sen cobrar. López Pintos recorrerá a sentenza, que tamén o obriga a aboar as costas procesuais.