25/4/2008
Recórtanse máis os impostos para as grandes fortunas
O Consello de Ministros aprobaba, hai unha semana, unha batería de medidas dirixidas a paliar a aínda incipiente crise económica. A Executiva Confederal da CIG, tras analizar o alcance e as repercusións que terán estas medidas conclúe que na vez de atacar o neoliberalismo, como responsábel desta situación, e de corrixir os erros que por mor da aplicación dos seus dogmas se teñen cometido, afortalan aos seus responsábeis.