marco
Artigos de opinión
2008: um ano de avanços na América Latina e no Caribe
Nidia Díaz
O ano de 2008 foi marcado na América Latina e no Caribe, fundamentalmente, pela consolidação e ampliação dos diversos processos de transforma...
Gaza: perguntas e respostas
Emir Sader
Se o Hamas é considerado uma organização terrorista e nunca invadiu territórios israelenses, como deve ser considerado o Exército de ocupaç...
Hamas, Israel, Gaza e resistência violenta: A estrutura histórica e política da crise actual
Alan Nasser
O que Israel teme não é o terrorismo e sim a independência palestina. Israel não permitirá que emerja um governo palestino soberano sobre a t...
Así será o ano 2009
Ignacio Ramonet
inspección de traballo
23/12/2008 A empresa continúa incumprindo as medidas de prevención de riscos laborais
Ipisa 3
A CIG de Valdeorras criticou duramente a “ineficacia mostrada pola Inspección de Traballo”, pola falta de resposta ás denuncias presentadas hai xa tres meses contra a empresa Iberoitaliana de Pizarras, por mor dos graves incumprimentos en materia de prevención de riscos laborais e que poñen en serio perigo a saúde dos traballadores e das traballadoras.
16/12/2008 A empresa coaccionou aos candidatos da CIG que se presentaron ás eleccións en Ecomás Supermercados
08-12-16 RP Gadisa
Os representantes dos traballadores e das traballadoras do Grupo Gadisa compareceron en rolda de prensa para denunciar a falla de dereitos sindicais e laborais á que están sometidos todas as firmas do grupo empresarial. Roberto Pérez, responsábel do sector do comercio da Federación de Servizos da CIG da Coruña, criticou  as prácticas represivas e antisindicais levadas a cabo pola empresa, que lle teñen custado unha infracción tipificada como moi grave pola Inspección de Traballo.
15/12/2008 Empresas intermediarias ofrecen contratar traballadores dende 300 euros e sen seguro de accidente
08-12-15 CIG-Mar
O responsábel do sector do Mar da CIG, Xavier Aboi, e Xesús García Couso, responsábel de negociación colectiva da Federación, denunciaron a situación “de escravitude” na que se atopan os mariñeiros indonesios que traballan para barcos con bandeira española ou con intereses españois. Aboi apuntou directamente a empresas que “trafican con carne humana” e acusou á administración galega e estatal por permitir a existencias de contratos baixo estas condicións.
28/10/2008 Nas reformas do Banco Gallego traballan sen protección
Tubos de amianto
A CIG-Ourense denunciou diante da Inspección de Traballo e da Seguridade Social que nas reformas do edificio do Banco Gallego desta cidade se están a incumprir as medidas de saúde laboral, no que ten a ver co tratamento do amianto. Etelvino Blanco, secretario comarcal da CIG de Ourense, subliña que como consecuencia do desentullo, estanse a retirar tubarias e placas de fibrocemento (con elevado contido de amianto) que son cortadas e destruídas son medida de protección algunha e depositadas nun contedor de obra que hai na vía pública
24/6/2008 TRabállanse sábados e domingos tamén
Accidente AVE
A Confederación Intersindical Galega en Ourense vén de presentar denuncia ante a Inspección de Traballo contra as empresas que participan na construción do AVE na comarca de O Carballiño deica o límite das provincias de Ourense e Pontevedra.
3/2/2008 Este organismo fai caso omiso das 13 denuncias que presentou o sindicato nos últimos meses
Traseira autocarro Monbus
Membros da CIG-Transporte e traballadores de Luber, filial do Grupo Monbús dedicada ao transporte escolar, protagonizarán un acto de protesta o luns 4 de febreiro, a partir das 11:00 horas, nas instalacións da sede provincial da Inspección de Traballo, sita na rúa Menéndez Pelayo, 20, de A Coruña.