19/11/2008
Entrega máis de 8.000 sinaturas no rexistro da Xunta apoiando estas reivindicacións
A CIG-Ensino fixo entrega, no rexistro da
Xunta, de 8.125 sinaturas de profesorado na mañá deste mércores 19 de novembro.
As sinaturas son resultado dunha campaña que tiña como obxectivo reclamar unha
serie de melloras dirixidas a garantir a calidade do ensino e as condicións
laborais e profesionais do profesorado.
6/10/2008
A loita contra as modificacións ao “Código de Trabalho”, no centro das preocupacións sindicais portuguesas
280 contresistas pertencentes a 33 sindicatos
participaron no 7º congreso da Unión dos Sindicatos de Braga, estrutura distrital
(provincial) da Confederaçao Geral dos Trabalhadores Portugueses /
Intersindical Nacional, que tivo lugar no auditorio VITA da cidade de Braga. Un
Congreso no que a CIG agradeceu o apoio da CGTP ás demandas de integración da
central como membros de pleno dereito nos organismos e institucións
transfronteirizas con presenza sindical.
18/9/2008
O actual Acordo está caducado desde o mes de decembro de 2007
A CIG-Autonómica vén de anunciar que adoptará
medidas de presión se non se convocan, antes do día 26 de setembro, ás partes implicadas
para acadar un acordo que garanta a mellora das condicións de traballo dos
axentes forestais e medioambientais da Xunta de Galiza. CIG-Autonómica lembra
que o actual está caducado desde finais de 2007 e que non foi posíbel chegar a
un novo pola falta de entendemento entre as consellarías de Medio Rural e Medio
Ambiente.
20/6/2008
Consideran que a administración segue sen atender as súas demandas
O colectivo de veterinarios da Xunta de Galiza vén de convocar para os
días 24 e 25 de xuño xornadas de folga de 24 horas en demanda dunha mellora
efectiva dos servizos veterinarios da administración e das súas condicións
laborais. Son máis de 600 traballadoras/es que dependen da consellaría de Presidencia,
e desenvolven a súa actividade para as consellarías de Sanidade, Medio Rural,
Pesca e Medio Ambiente.
19/2/2008
Fai unha valoración positiva porque mellora substancialmente as condicións laborais
CIG-Ensino, Consellaría e demais organizacións sindicais asinaron, o luns 18 de febreiro, un acordo para o profesorado itinerante polo que se melloran substancialmente as súas condicións laborais, satisfacendo ademais as reivindicacións polas que tanto a Federación de Ensino da CIG como o profesorado se viñan mobilizando nos últimos anos.