marco
Artigos de opinión
Recessão nos EUA já vem do ano passado
Umberto Martins
Os Estados Unidos estão em recessão desde dezembro de 2007, segundo um estudo divulgado pelo NBER (Natioanl Bureau of Economic Research) nesta s...
A resaca do festín financeiro
Albert Recio Andreu
Os dous últimos meses foron intensos en medidas de gran goberno. En intervención pública discrecional. Aquel tipo de intervención que os monet...
Euskal Herria: Congreso da central sindical ELA (Non hai outro camiño que o enfrontamento)
Manuel Mera
Durante os días 26 e 27 de novembro realizouse o 12º Congreso de ELA, baixo o lema Langile-Ekin, ao que acudiron 736 congresistas (700 escollido...
Tamén Grenlandia
Martin Garitano
serrabal
28/8/2008 Traballadores protestan na visita do presidente do Goberno español
Protesta na mina de Serrabal 1
Operarios da mina de Serrabal e das factorías de Ferroatlántica de Cee e Sabón protagonizaron un acto de protesta coincidindo coa visita do presidente do Goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero, a un dos tramos nos que se está a construír o TAV en Boqueixón.
24/7/2008 Rexistraron escritos dirixidos ao Presidente, Vicepresidente e conselleiros implicados
24/07/08 Serrabal 01
Traballadores e traballadoras de Serrabal e Ferroatlántica participaron este xoves 24 de xullo nunha concentración convocada para demandar os informes técnicos encargados polo ADIF nos que se avalía o impacto tanto ambiental como económico do trazado do AVE ao seu paso pola mina de Serrabal, e a súa entrega inmediata tanto aos Comités de Empresa como ao Parlamento de Galiza. Unha vez máis reiteraron a súa exixencia de cambio de trazado.
10/7/2008 Ten outra explotación de cuarzo á outra beira do río Ulla, fronte á mina
Serrabal manifestación febreiro 2008
A federación de Químicas da CIG vén de remitir un comunicado no que acusa á Xunta de Galiza de non dicir a verdade ao asegurar que un cambio de trazado do TAV ao seu paso por Serrabal provocaría un atraso adicional das obras. Abelardo Landeira, secretario nacional da federación considera que detrás da negativa a sequera valoralo agóchanse outro interes. Reproducimos, a continuación, o comunicado.
10/7/2008 Se ten os informes de impacto debe facelos públicos e se non os ten é insensato comezar as obras na mina
Serrabal 2
A CIG considera que a entrada dos técnicos do ADIF, escoltados por máis de 150 membros das forzas de seguridade, entre antidisturbios da Garda Civil e de seguridade privada, é unha operación de propaganda enmarcada na precampaña electoral do PSOE e do propio Presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, para dar a imaxe de que as obras do Tren de Alta Velocidade avanzan e que se cumprirán os prazos previstos.
18/6/2008 Denuncian a manipulación informativa e responsabilizan ao Presidente da Xunta do conflito
Por un cambio de trazado 1
Os Comités de Empresa de Serrabal e Ferroatlántica, xunto con representantes das organizacións sindicais CIG e UGT, denunciaron -na rolda de prensa que se convocou na propia mina- a actitude do Presidente da Xunta, a quen responsabilizan do conflito e de negarse sequera a dialogar. Unha rolda de prensa atípica na que os traballadores, coa súa masiva presenza, quixeron deixar constancia de que se están alí é porque queren e que ninguén lles di como, cando, onde e por que teñen que mobilizarse, ademais de denunciar a manipulación informativa da que foron obxecto nos últimos días por parte de certos medios de comunicación.
13/6/2008 A CIG responsabiliza ao Presidente da Xunta de que o conflito siga sen resolverse
14/08/07  marcha Serrabal
O Secretario Xeral da CIG, Suso Seixo, vén de cualificar as declaracións do Presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, respecto do papel que o empresario Villar Mir ten no conflito de Serrabal, como “insultantes” para as organizacións sindicais que están a intervir no mesmo. A CIG pregúntase ademais as razóns que se agachan tras da negativa do Presidente da Xunta a, sequera, valorar un posíbel cambio de trazado mentres asume sen problemas o resto dos que se están a aprobar e o culpa da actual situación por eludir a súa responsabilidade como Presidente.