25/11/2008
A empresa enganou á dirección do CHUS ao falsificar partes de servizos para simular que tiña un número maior de vixiantes no centro
O Secretario Nacional da Federación de Servizos da CIG, Paulo
Rubido, reclamou a Secretaría Xeral do Sergas que non adxudique a VIPROGA o
concurso de servizo de seguridade privada do Complexo Hospitalario Universitario
de Santiago de Compostela. A empresa, que leva xestionando este servizo 18
anos, cometeu múltiples irregularidades cos seus traballadores e mesmo enganou
á dirección do centro presentando falsos partes de servizos.
10/6/2008
Anuncia unha concentración para o venres, ás 12:00, diante do Clínico de Compostela
Viproga presentou unha demanda contra a
consellaría de Cultura por ter favorecido, supostamente, a outra empresa ao
outorgarlle a concesión do servizo de seguridade da Cidade da Cultura. Daniel
Rego, xerente de Viproga, fundamentaba a denuncia en que a súa oferta era máis
baixa e que, malia todo, quedou excluída. Porén, CIG-Servizos considera que quedou
fóra do concurso por non aterse á legalidade e lembrou que Viproga ten unhas 40
sentenzas na súa contra nos últimos 5 anos.
28/4/2008
Volverán a concentrarse o próximo martes, día 6 de maio, ás 12:00 h ante o Clínico
Os traballadores de Viproga, empresa de Seguridade
encargada do servizo de vixilancia do Complexo Hospitalario Universitario de
Santiago (CHUS) concentráronse na mañá deste luns, 28 de abril, ante os accesos
ás consultas externas do hospital Clínico en demanda do pago dos atrasos. En
solidariedade e para manifestar o seu apoio, á concentración convocada pola CIG,
sumáronse tamén outros traballadores do sector.
23/4/2008
Convoca unha concentración ás 12:00 h o luns día 28 de abril diante do Clínico
A empresa concesionaria do servizo de
Seguridade do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, Viproga, adebeda
aos seus traballadores a nómina do mes de marzo e a paga de beneficios. Non é a
primeira vez que se producen atrasos no pagamento das nóminas pero desta volta a
situación é moito máis grave.