15/5/2008
Exixirán dos responsábeis políticos que se respecte a legalidade vixente
A CIG-Administración vén de anunciar, en rolda de prensa, a posta en
marcha dunha campaña dirixida a fomentar o uso do galego en todos os ámbitos da
administración pública, baixo o lema “Polo dereito ao uso do nosos idioma nas
administracións públicas”. Para iso, alén de sensibilizar aos traballadores
e traballadoras, exixirase dos
responsábeis políticos o cumprimento da legalidade vixente nesta materia.
29/4/2008
Estarán orientados, fundamentalmente, a actividades de formación profesional e social
O
Grupo de Investigación “Tecnoloxías e Aplicacións da Lingua Galega” (TALG) da
Universidade de Vigo e FORGA asinaron un protocolo para elaborar e compartir
recursos lingüísticos. Con este acordo preténdense establecer canles estábeis
que permitan compartir e desenvolver recursos lingüísticos e terminolóxicos
para o galego orientados á actividade de formación profesional e social.
28/4/2008
70 colectivos xa deron o seu apoio ao manifesto “Polo dereito a vivirmos en galego”
A Mesa pola Normalización
Lingüística vén de facer un chamamento a participar na manifestación convocada
para o vindeiro domingo día 18 de maio, tras alertar da grave situación na que
se atopa o galego. Carlos Callón, presidente da asociación presentou ademais o
material gráfico da campaña “Polo dereito a vivirmos en galego”